Anchorage
| Dgheyay Kaq' (mis) Dgheyaytnu (mis) | |||||
| Lema | «Big Wild Life» | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Alcume | The City of Lights and Flowers | ||||
| Epónimo | ancoradoiro | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Estados Unidos de América | ||||
| Exclave | Alasca | ||||
| Capital de | |||||
| Capital | sen valor | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 291.247 (2020) | ||||
| Número de fogares | 118.640 (2020) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | área metropolitana de Anchorage | ||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 5.035,063041 km² | ||||
| Auga | 12,2 % | ||||
| Altitude | 31 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1914 | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Suzanne LaFrance (2024–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 99501, 99502, 99503, 99504, 99507, 99508, 99509, 99510, 99511, 99513, 99514, 99515, 99516, 99517, 99518, 99519, 99520, 99521, 99522, 99523, 99524, 99529, 99530, 99599 e 99695 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 907 | ||||
| Código de departamento INSEE | 02020 | ||||
| Identificador GNIS | 1398242 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | muni.org | ||||
Anchorage é unha cidade estadounidense, capital do estado de Alasca. En 2012 tiña 298 610 habitantes[1] (380 821 residentes incluíndo os arrabaldes),[2], o que a converte na cidade máis poboada de Alasca.
Anchorage está situada no centro sur de Alasca, situada nunha península triangular, limitada ao leste polos Montes Chugach. Conta con aeroporto internacional e porto marítimo. A economía baséase nas actividades públicas e militares, no petróleo e no turismo.
Historia
[editar | editar a fonte]A diferenza de todas as outras grandes cidades do sur de Alasca, en Anchorage a pesca ou a minaría non foron as razóns polas que se empezou a asentar xente no lugar. Comezou a medrar ao ser, no 1914, empregada como porto para a construción do ferrocarril Alaska Railroad, que se construíu entre 1915 e 1923. Logo se estableceu un campamento importante. A economía nos seus anos vinte baseábase no ferrocarril. Entre os trinta e os cincuenta, a cidade experimentou un crecemento masivo debido aos militares e ao transporte aéreo. O aeroporto de Merrill Field abriu en 1930, e o aeroporto internacional de Anchorage fíxoo en 1951. As instalacións militares de Elmendorf Air Force Base e Fort Richardson foron construídas nos anos corenta.

O terremoto do Venres Santo provocou moitos danos o 27 de marzo de 1964 cunha magnitude de momento de 9,2. Matou 114 habitantes de Alasca e causou numerosos danos materiais. Reconstruiríase na segunda metade dos sesenta a cidade.
En 1968 descubriuse petróleo na baía Prudhoe, que incrementou máis a súa poboación. Despois, en 1975, crearíase o municipio de Anchorage, a partir da City de Anchorage e da Anchorage Area Borough (que incluía Eagle River, Girdwood, Glen Alps, ...).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Anchorage está situada na parte central do estado a 61º de latitude norte, mesma latitude que as cidades de Estocolmo e San Petersburgo.
A cidade áchase sobre unha península triangular, rodeada polos Montes Chugach.
Clima
[editar | editar a fonte]Durante o verán a temperatura diúrna é bastante agradable, entre 13 e 21 °C, mentres que no inverno, a temperatura media descende a –7 e até –15 °C e a cidade reloce unha grosa capa de neve.
| Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Temperatura máxima media (°C) | -5,9 | -3,4 | 0,6 | 6,0 | 12,4 | 16,4 | 18,4 | 17,2 | 12,9 | 4,7 | -2,7 | -5,3 | |
| Temperatura mínima media (°C) | -13,1 | -11,4 | -7,7 | -1,9 | 3,8 | 8,4 | 10,9 | 9,7 | 5,3 | -1,8 | -9,4 | -12,2 | |
| Precipitacións (mm) | 20,1 | 19,8 | 17,5 | 17,0 | 18,5 | 29,0 | 43,4 | 62,0 | 68,6 | 51,6 | 28,2 | 28,4 | |
| Fonte: [1] Arquivado 13 de outubro de 2009 en Wayback Machine. | |||||||||||||
Economía
[editar | editar a fonte]
Anchorage é un porto que recibe máis do 95 % de todo o transporte de mercadorías de Alasca. As maiores industrias inclúen o petróleo e o turismo. Hai dúas bases militares americanas facendo fronteira con Anchorage polo norte: a Base Aérea de Elmendorf e o Forte Richardson. Case todos os turistas que van ao Interior do Alasca pasan por Anchorage sendo frecuento velos no verán pola cidade.
Linguas
[editar | editar a fonte]86'4% inglés, 4% castelán, 1'5% tagalo, 1'4% coreano, 0'8% alemán, 1'4% linguas nativas (atabasco, esquimó, aleutiano)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Annual Estimates of the Population for Incorporated Places in Alaska". United States Census Bureau. 2008-07-01. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2010. Consultado o 5 de agosto de 2009.
- ↑ "Anchorage municipality, AK; Anchorage, AK Metro Area - ACS Demographic and Housing Estimates:2006". U.S. Census Bureau. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2020. Consultado o 5 de agosto de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anchorage |
