Saltar ao contido

AEK B.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «AEK Atenas BC»)
AEK B.C.
Información xeral
Nome Athlitiki Enosis Constantinoupoleos
Liga A1 Ethniki / BCL
Fundación 1924
Cores           Dourado, negro
Presidente Grecia Makis Angelopoulos
Adestrador Dragan Šakota
Localización
Cidade Grecia Atenas, Grecia
Pavillón OAKA Indoor Hall
Capacidade 18.500
Inauguración 1995
Campionatos
C. Saporta 2 (1968, 2000)
BCL 1 (2018)
Liga 8 (1958, 1963, 1964, 1965, 1966, 1968, 1970, 2002)
Copa 4 (1981, 2000–2001, 2018)
aekbc.gr

O A.E.K. Basketball Club (en grego: Αθλητική Ένωσις Κωνσταντινουπόλεως, literalmente: Unión de Atletas de Constantinopla) é a sección de baloncesto da sociedade polideportiva AEK Atenas con base en Atenas, Grecia. Actualmente compite na A1 Ethniki, a máxima categoría do baloncesto grego, e na Eurocup. Foi fundado en 1924 por refuxiados gregos que fuxiron de Constantinopla (hoxe Istambul), trala Guerra Greco-Turca (1919-1922). Hoxe é un dos clubs helenos máis populares de Grecia, contando con numerosos seareiros en Grecia e Chipre, así como nas comunidades da diáspora grega en todo o mundo, principalmente en Australia, o Reino Unido e os Estados Unidos.

O AEK foi o primeiro equipo da historia do baloncesto grego, non só en chegar a unha final da Euroliga, senón tamén en gañar un título europeo. O 4 de abril de 1969, o AEK venceu ao Slavia Praha por 89-82 en Atenas, nun encontro celebrado ante 80.000 espectadores. Na súa historia o equipo gañou até en oito ocasións a liga grega, tres veces a copa, dúas veces a Copa Saporta (antiga Recopa de Europa) e unha Champions League. O AEK xoga os seus partidos como local no OAKA Indoor Hall, un pavillón con capacidade para 18.500 espectadores.

O equipo de baloncesto do AEK é unha das seccións máis exitosas da sociedade polideportiva AEK Atenas. A razón é que foi o primeiro en gañar unha competición a nivel internacional. Nada máis formarse o equipo, en 1924, gañaron un torneo organizado ese ano pola YMCA. É un dos únicos tres equipos (os outros dous son o Panathinaikos BC e o Aris Tesalónica que levan competindo ininterrompidamente na Primeira División grega (denominada dende 1986 A1 Ethniki) dende a tempada 1963-64.

O AEK foi o primeiro equipo grego en participar na Final Four da Copa de Europa, hoxe en día denominada Euroliga, en 1966, nunha edición que se celebrou en Boloña. Dous anos máis tarde, en 1968, foi tamén o primeiro equiopo do seu país en gañar un título continental, ao derrotar ao Slavia Praga por 89-82 na final da Recopa de Europa. Foi considerado o equipo da década dos '60, tras gañar catro títulos nacionais consecutivos, en 1963, 1964, 1965 e 1966, ademais dos acadados en 1968 e 1970.

Competicións europeas

[editar | editar a fonte]

Competicións domésticas

[editar | editar a fonte]
  • Liga de Grecia
    • Campións (8): 1958, 1963, 1964, 1965, 1966, 1968, 1970, 2002
    • Subcampións (8): 1955, 1967, 1969, 1971, 1974, 1997, 2003, 2005
  • Copa de Grecia
    • Campións (4): 1980-81, 1999-00, 2000–01, 2017−18
    • Subcampións (7): 1976, 1978, 1980, 1988, 1992, 1998, 1999
  • Campionato de Atenas-Pireo
    • Campións (4): 1924, 1928, 1960, 1961
  • Segunda División de Grecia
    • Campións (1): 2014

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Dorsais retirados

[editar | editar a fonte]
Dorsais retirados do AEK B.C.
Nac. Xogador Posición Período Ano da retirada
6 Grecia Georgios Trontzos P 1963–1980 2016
10 Grecia Georgios Amerikanos E 1959–1975 2015

Destacados

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]