Chris Andersen
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de xullo de 1978 (46 anos) Long Beach, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Iola High School (en) Blinn College (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 208 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 111 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1999 - 2017 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Christopher Claus "Chris" Andersen, nado o 7 de xullo de 1978 en Long Beach (California), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente é axente libre. Mide 2,08 metros de altura, e xoga nas posicións de pivote e ala-pivote.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Non foi elixido no Draft da NBA de 1999 e comezou a súa carreira coma profesional na Chinese Basketball League e en ligas menores americanas. Despois deu o salto á NBA e xogou cos Denver Nuggets e os New Orleans Hornets. En 2006, recibiu unha sanción de dous anos sen xogar por parte da NBA por violar a política de drogas.[1] A sanción rematou o 4 de marzo de 2008, e un día despois asinou de novo cos Hornets. Volveu a Denver en 2008, e permaneceu alí ata o ano 2012.
O 20 de xaneiro de 2013, asinou un contrato de dez días cos Miami Heat.[2][3] Asinou un segundo contrato de dez días o 30 de xaneiro,[4] e o 8 de febreiro de 2013 asinou para o resto da tempada.[5] Na tempada 2012-13, conseguiu o seu primeiro anel de campión da NBA cos Heat, tras vencer ós San Antonio Spurs por 4-3.
O 16 de febreiro de 2016, os Heat traspasaron a Andersen e dúas elección da segunda rolda do Draft aos Memphis Grizzlies, nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Charlotte Hornets.[6] Tres días máis tarde, fixo o seu debut cos Grizzlies, na vitoria por 109-104 contra os Minnesota Timberwolves, facendo catro puntos, tres rebotes e un tapón en 11 minutos.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hornets' Andersen kicked out of NBA for drug use - NBA - ESPN". Sports.espn.go.com. 2006-01-27. Consultado o 2012-08-03.
- ↑ HEAT Sign Chris Andersen
- ↑ "Chris 'Birdman' Andersen signs with Heat". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de maio de 2013.
- ↑ HEAT Signs Chris Andersen
- ↑ HEAT Signs Chris Andersen
- ↑ "Grizzlies acquire four 2nd Round Picks, Chris Andersen & P.J. Hairston in three-team trade". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 16 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ "Conley has 25 points to lead Grizzlies past T'wolves 109-104". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 19 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2016. Consultado o 20 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil de Andersen en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Chris Andersen Arquivado 20 de xuño de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1978
- Nados en Long Beach
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Ala-pivotes de baloncesto
- Pivotes de baloncesto
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores dos New Orleans Hornets
- Xogadores dos Miami Heat
- Xogadores dos Memphis Grizzlies
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers