A1 Ethniki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A A1 Ethniki, que significa literalmente A1 Nacional, e frecuentemente referido á Liga grega de baloncesto é a máxima categoría do baloncesto grego entre clubs. Esta liga foi fundada en 1927, celébrase anualmente, agás en trece ocasións por causas diversas. Pese a que o campionato disputouse en 65 ocasións, tan só foi conquistado por nove equipos. O grande dominador da Liga foi historicamente o Panathinaikos, que gañou o campionato en 28 ocasións.

Está organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto Helenos (HEBA, en inglés, "Hellenic Basketball Clubs Association"), e o nome oficial da competición é Campionato HEBA (en inglés, "HEBA Championship Division A1". O campionato de Primeira División é o denominado "A1", e é disputada por 14 equipos que xogan entre eles entre os meses de Outubro e Xullo. A segunda categoría é a denominada A2 Ethniki. Esta liga é considerada coma unha das tres mellores ligas domésticas de Europa segundo o Ránking de Ligas da ULEB.

Historia[editar | editar a fonte]

O baloncesto chegou a Grecia por primeira vez en 1910. En 1925 disputouse o primeiro campionato non oficial, e en 1927 comezou o primeiro campionato oficial. Hai tres diferentes períodos do campionato oficial. O primeiro período ou Panhellenic Championship tivo lugar entre 1927 e 1963, cando non había un campionato nacional e os campións de cada distrito xogaban entre eles para decidir o campión grego. O segundo ciclo ou A Ethniki comezou na tempada 1963-64, cando se fundou a Primeira División Grega (A Ethniki). En 1969, a EOK fíxose cargo das funcións da competencia e así o fixo ata 1992. A terceira etapa ou A1 Ethniki comezou na tempada 1986-87, cando foron fundadas a A1 (coa súa liga regular e playoffs) e a A2 (chamada A2 Ethniki ou Liga Grega A2).

A Liga Grega foi unha das ligas de baloncesto máis competitivas de Europa ao longo dos anos e foi amplamente considerada como a segunda mellor liga nacional do mundo logo da NBA na década dos '90. Na actualidade encóntrase entre as mellores ligas nacionais do mundo (a excepción da NBA), como a Liga ACB en España e a Lega A de Italia. É considerada unha das 3 mellores ligas de Primeira División de Baloncesto de Europa baixo a Europa League Rankings System. A liga ten varias grandes potencias, que pertencen aos máis tradicionais clubs de baloncesto de Europa, sobre todo os xigantes da Euroliga: Panathinaikos e o Olympiakos. Outros equipos que tiveron un importante éxito na historia do baloncesto grego foron o Aris Tesalónica e o AEK Atenas. Estes equipos, xunto co PAOK son considerados os equipos gregos de maior éxito.

Só tres equipos participaron en tódolos campionatos dende a fundación da Primeira División en 1964: Panathinaikos, AEK Atenas e Aris Tesalónica.

Ascensos e descensos[editar | editar a fonte]

A A1 Ethniki, na súa forma actual, foi organizada dende a tempada 1992-93 pola Asociación de Clubs de Baloncesto Helenos. 30 equipos de baloncesto profesional grego divídense en dúas divisións diferentes. O campionato de Primeira División, chamado "A1", no que compiten 14 equipos, e o campionato de Segunda División, chamado "A2", na que compiten 16 equipos. Os dous últimos equipos da clasificación da liga regular da A1 descenden á A2 Ethniki, mentres que os dous primeiros clasificados son ascendidos á A1.

Equipos da tempada 2010-11[editar | editar a fonte]

Club Posición
2008-09
Pavillón Capacidade
AEK Atenas
10º
Sporting Sports Arena, Atenas
2,200
Aris Tesalónica
Alexandrio Melathron, Tesalónica
5,500[1]
Kolossos Rodou
Venetoklio Indoor Hall, Rodas
1,300
Ikaros Kallitheas
1º (A2)
Glyfada Indoor Hall, Atenas
5000
Ilisiakos
12º
Ilissia Indoor Hall, Atenas
1,700
Iraklis
2º (A2)
Ivanofio Indoor Hall, Tesalónica
2500
Kavala
11º
Kalamitsa Sports Center, Kavala
1,700
Maroussi
Maroussi Indoor Hall, Atenas
1,700[2]
Olympiacos Piraeus
Peace and Friendship Stadium, Atenas
14,905[3]
Panathinaikos
Athens Olympic Indoor Hall, Atenas
19,250[4]
Panellinios
Panellinios Indoor Hall, Atenas
1,700[5]
Panionios
Helliniko Olympic Complex, Atenas
15,000[1]
PAOK
PAOK Sports Arena, Tesalónica
8,500[1]
Peristeri
Peristeri Arena, Atenas
4,000[6]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Historial[editar | editar a fonte]

           

Finais da A1[editar | editar a fonte]

Tempada Factor cancha favorable Result Factor cancha en contra Primeiro clasificado da liga regular Balanzo
1992–93
Panathinaikos
1–3
Olympiakos PAOK
22–4
1993–94
Olympiakos
3–2
PAOK Olympiakos
22–4
1994–95
Olympiakos
3–2
Panathinaikos Olympiakos
24–2
1995–96
Olympiakos
3–2
Panathinaikos Olympiakos
24–2
1996–97
Olympiakos
3–1
AEK Atenas Olympiackos
21–5
1997–98
Panathinaikos
3–0
PAOK Olympiakos
21–5
1998–99
Olympiakos
2–3
Panathinaikos Olympiakos
21–5
1999–00
Panathinaikos
3–0
PAOK Olympiakos
21–5
2000–01
Panathinaikos
3–2
Olympiakos Panathinaikos
22–4
2001–02
AEK Atenas
3–2
Olympiakos AEK Atenas
23–3
2002–03
Panathinaikos
3–1
AEK Atenas Panathinaikos
21–5
2003–04
Panathinaikos
3–0
Maroussi Panathinaikos
22–4
2004–05
Panathinaikos
3–1
AEK Atenas Panathinaikos
22–4
2005-06
Panathinaikos
3–0
Olympiados Panathinaikos
24–2
2006-07
Panathinaikos
3–2
Olympiakos Panathinaikos
24–2
2007-08
Panathinaikos
3–2
Olympiakos Panathinaikos
23–3
2008-09
Olympiakos
1–3
Panathinaikos Olympiakos
25–1
2009-10
Panathinaikos
3–1
Olympiakos Panathinaikos
25–1
2010-11
Olympiakos
1–3
Panathinaikos Olympiakos
26–0
2011-12
Olympiakos
3-2
Panathinaikos Olympiakos
23–1

Por club[editar | editar a fonte]

Club Vitorias Derrotas Total-Finais
Panathinaikos
13
4
17
Olympiakos Piraeus
6
9
15
AEK Atenas
1
3
4
PAOK
0
3
3
Maroussi
0
1
1

Curiosidades[editar | editar a fonte]

En toda a súa historia tan só houbo nove equipos que conseguisen proclamarse campións da Liga Grega, sendo todos eles das cidades de Atenas e Tesalónica ou as súas áreas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]