Cornualla: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m elimino a Categoría:Condados de Inglaterra mediante HotCat |
||
Liña 86: | Liña 86: | ||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
[[Categoría:Condados de Inglaterra]] |
|||
[[Categoría:Reino Unido]] |
[[Categoría:Reino Unido]] |
||
[[Categoría:Cornualles]] |
[[Categoría:Cornualles]] |
Revisión como estaba o 25 de xaneiro de 2019 ás 13:13
Coordenadas: 50°18′N 4°54′O / 50.3, -4.9 Modelo:Primeira entidade subestatal Cornualles,[1] Cornualle[2] ou Cornualla[3] (en inglés: Cornwall; en córnico: Kernow) é un condado administrativo e cerimonial, que ocupa unha grande parte da península do mesmo nome, constituíndo o extremo sudoccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014[4].
As súas costas, recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistèrre bretoa.
O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, sendo o río Tamar a súa fronteira. A estrada principal que mediante a que se comunica co resto da illa de Gran Bretaña é a A38, que cruza o Tamar en Plymouth grazas á ponte do Tamar; e a A30 que cruza a fronteira sur do Launceston. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.
As illas Sorlingas (Isles of Scilly) están asociadas a Cornualles.
Cornualles é tamén un ducado pertencente á coroa británica que ten asociado o título de Duque de Cornualles. O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como outras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña.
Na actualidade, este título osténtao Camila de Cornualles (Camilla Parker Bowles denantes da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra).
Política e lingua
Os nacionalistas córnicos están organizados en dous partidos políticos: Mebyon Kernow e o Cornish Nationalist Party. Tamén hai un movemento partidario da autonomía que recolleu 50.000 sinaturas.
A lingua córnica está emparentada co galés e o bretón, formando as tres o grupo britónico de linguas celtas, distinguíndose do grupo goidélico que forman o irlandés, gaélico escocés e manx. Foi lingua viva até 1777 sendo Dolly Pentreath a derradeira persoa monolingüe. A publicación de "Handbook of the Cornish Language" en 1904 provocou un interese por revivila.
Pese a que non se realizou ningún censo ó respecto, suponse que hai unhas 2.000 persoas que falan o idioma, aínda que só unhas 100 o fan fluidamente. Recentemente o goberno británico recoñeceuna como idioma minoritario.
Algúns apelidos teñen os prefixos Tre, Pol, ou Pen, e como di o seu dito "por Tre, Pol e Pen saberás quen é córnico."
Historia
O nome inglés moderno deriva do nome tribal Cornovii e da palabra anglosaxoa wealas. Cornovii é moi probable que signifique pobo da península. Wealas é tamén a orixe do nome Gales. En córnico é nomeado como Kernow.
Cornualles foi a principal fonte de abastecemento de estaño para as civilizacións do Mediterráneo antigo, sendo coñecida como as Casitérides e unha vez os córnicos foron considerados os maiores mineiros do mundo. Cando as reservas de estaño se esgotaron, emigraron a lugares como América (Estados Unidos e Arxentina principalmente), Australia, Nova Zelandia e Suráfrica. Moitas palabras córnicas relacionadas coa minería pasaron ó inglés como costean, gunnies, e vug.
Dende o declive da minería, agricultura e pesca, a economía vén decantándose polo turismo, grazas a unhas das máis espectaculares costas do mundo. Así as cousas, a economía está deprimida e a rexión foi recoñecida pola Unión Europea como unha das do Obxectivo 1.
Bandeira
Hai discusións sobre quen é o patrón de Cornualles: san Miguel, san Petroc ou san Piran. San Piran é o máis popular: o seu emblema (unha cruz branca sobre campo negro) está recoñecido como a bandeira de Cornualles, se ben non oficialmente (os condados non teñen bandeira) e o seu día (5 de marzo) é celebrado polos córnicos de todo o mundo.
Notas
- ↑ Ver entrada de «Plymouth». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1650. ISBN 9788482893600.
- ↑ Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1304. ISBN 9788482887524.
- ↑ Por exemplo en González Vicente, Ánxelo (1 de xuño de 2009). "4 de xuño: eleccións para un novo poder na Cornualla". Vieiros (Recollido en IGADI).; Gómez Saborido, Sylvia (Xaneiro de 2002). "As rexións do Arco Atlántico: Cornwall". ECO - Revista do Eixo Atlántico (Recollido en IGADI). ISSN 1130-8478.
- ↑ "Cornish to be recognised as a national minority along with Scots, Welsh and Irish" The Independent, 24 de abril de 2014
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cornualla |