Sir Tor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Sir Tor é un dos Cabaleiros da Táboa Redonda que aparece nas lendas artúricas e na Materia de Bretaña.

Nos primeiros nomeamentos que se fai do cabaleiro, o pai de Sir Tor é o rei Ars ou Aries, pero no Ciclo da Pos-Vulgata e na obra de Thomas Malory, Le Morte Darthur dise que ese home é o seu pai adoptivo mentres que o seu pai biolóxico é o Rei Pellinore. Nestas versións, é irmán de Sir Aglovale, Sir Lamorak, Sir Dornar, Sir Perceval e de Dindrane.

Sir Tor nace cando Pellinore se deita coa súa nai case pola forza, e esta se casa con Aries pouco despois; aquí Aries non é un rei, senón un pastor. Tor e os seus doce medios-irmáns tamén se fan pastores, pero Tor soña con ser un cabaleiro. Finalmente, os seus pais lévano á Corte do Rei Artur, e Artur converte ó rapaz nun dos seus cabaleiros. Máis tarde, Merlín revela a Tor o seu auténtico parentesco e Pellinore acolle ó seu fillo; acollida pola que nin Aries nin a súa muller semellan ofendidos.

Sir Tor distínguese durante o festín da voda do Rei Artur e Xenebra cando decide levar a cabo a busca para recuperar a un sabuxo branco que entrara na corte. Segundo Malory, Tor e o seu irmán Aglovale atópanse entre os cabaleiros que cargaron para defender a execución de Xenebra e ámbolos dous morren cando Lanzarote e os seus homes rescatan á raíña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]