Brocéliande
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Brocéliande é unha fraga mítica da lenda artúrica, identificada na actualidade coa fraga de Paimpont e antigamente coa fraga de Huelgoat ou de Quintin, todas elas na Bretaña.
O primeiro texto que menciona esta fraga é o Roman de Rou do poeta anglonormando Robert Wace, en 1160. Con todo, é en textos máis tardíos, onde se atopan ademais do seu nome actual, a maioría das súas atribucións.