Agravain
| Agravain | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
| Obra | |||||||
|
Presente na obra
| |||||||
|
Universo ficticio
| |||||||
| Biografía | |||||||
|
Sexo
| |||||||
| Actividade | |||||||
|
Inimigo/a
| |||||||
|
Ocupación
| |||||||
| Familia | |||||||
|
Nai
| |||||||
|
Pai
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Sir Agravain ou Sir Agravaine é un cabaleiro da Táboa Redonda e un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña. É o segundo fillo do Rei Lot e a raíña Morgause e á súa vez, sobriño do Rei Artur. Os seus irmáns son Gauvain, Gaheris, Gareth e Mordred.
Agravain adoita ser representado como un guerreiro competente pero que non acada a gloria dos seus irmáns Gauvain e Gareth. Ten reputación de malicioso. Na meirande parte das versións da lenda artúrica, Agravain aparece como o personaxe que descobre e saca á luz o romance adúltero entre a raíña Xenevra e Lanzarote do Lago, desencadeando unha guerra entre Lancelot e o rei Artur, que desembocaría na perdición do reino.
Na literatura medieval é nomeado nos seguintes libros: Perceval ou le Conte du Graal e Le Livre de Caradoc.