Dagonet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Dagonet é o nome dun dos cabaleiros da corte do Rei Artur na lenda artúrica, membro dos Cabaleiros da Táboa Redonda. Nalgunhas versións da historia é simplemente un bufón que a modo de broma é nomeado cabaleiro, mentres que noutras é realmente un valente guerreiro. En Le Morte D'Arthur, de Thomas Malory, aparece na primeira versión, mentres que na adaptación cinematográfica de 2004 King Arthur, o personaxe, (interpretado por Ray Stevenson), aparece como un bravo e abnegado guerreiro cuxa capacidade de autosacrificio salva ó resto dos cabaleiros de Artur.

Na obra de Alfred, Lord Tennyson, Idylls of the King, "Sir" Dagonet aparece no "Último Torneo", "The Last Tournament." O bufón é o único da corte que podía prever o castigo que caería sobre o reino. Burlándose da falta de fe por parte dos cabaleiros que romperon os seus votos, declara que mentres que Arturo e el poden escoitar a música do plan de Deus, eles non poden.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]