Ywain o Bastardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ywain o Bastardo, tamén chamado Ywain o Aventureiro, é un dos fillos do Rei Urien e un dos Cabaleiros da Táboa Redonda que aparece nas lendas artúricas e na Materia de Bretaña.

Moitas veces é confundido co seu medio irmán máis vello Sir Ywain. Mentres o Ywain máis vello é o fillo de Urien con Morgana, Ywain o Bastardo, foi atribuído á muller do senescal do rei.

Nas lendas artúricas é nomeado como un guerreiro saudábel e sensato. A súa morte chegoulle das mans do seu curmán Gauvain, ironicamente durante a busca do Santo Graal. Os dous atopáronse, disfrazados coas súas armaduras, e decidiron facer unha xusta na que Ywain o Bastardo é mortalmente ferido. Cando Gauvain o levou a unha ermida para os seus últimos ritos foi cando descubriu que se pelexara co seu propio curmán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]