Marco de Cornualla
Aparencia
(Redirección desde «Mark de Cornualla»)
(1905) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 480 |
| Morte | 555 |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor |
| Familia | |
| Cónxuxe | Iseu |
| Fillos | Morien Mynog |
| Pai | Meirchion |
| Parentes | Tristán |

Marco de Cornualla[1] (en latín Marcus, córnico Margh, galés March, bretón Marc'h) foi un rei de Cornualla a comezos do século VI. É coñecido por aparecer nas lendas artúricas e a Materia de Bretaña como o tío de Tristán e marido de Iseu.
A lenda
[editar | editar a fonte]Marco mandou a Tristán como apoderado para recoller á súa prometida, a princesa Iseu de Irlanda. Tristán e Iseu namóranse por mor dunha apócema e teñen un romance ás costas do rei Marco. Este sospeita da traizón e posteriormente coñecerá a verdade. Nalgunhas versións ordena que aforquen a Tristán, quen escapa da morte e rescata á súa namorada do seu confinamento, para ser descuberto posteriormente polo rei. Eventualmente o rei Marco perdóaos, recuperando a Iseu e condenando ó exilio a Tristán.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ "Tristan und Isolde". Consultado o 14 de outubro de 2010.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Cornualla |
