Wiltshire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wiltshire
Bandeira de Wiltshire
Escudo de Wiltshire
BandeiraEscudo
Wiltshire UK locator map 2010.svg
EstadoCounty Flag of Wiltshire.svg n/d
CapitalTrowbridge
 • Poboaciónn/d
Lingua oficialinglés
 • Total3485 km²
 • % augan/d
 • Total (2018)720060 hab.
 • Densidade146 hab./km²
Xentilicion/d
Fuso horarion/d
Código ISOGB-WIL

Wiltshire ( /ˈwɪɫtʃə, -ʃɪə/ Wilts ) é unha autoridade unitaria e un dos corenta e sete condados de Inglaterra, Reino Unido, con capital en Trowbridge. Situado na rexión do suroeste limita ao norte con Gloucestershire, ao leste con Oxfordshire e Berkshire, ao sueste con Hampshire, ao sur con Dorset e ao oeste con Somerset.[1] [2]

Wiltshire está situado nunha rexión montañosa (como as de Marlborough), ocupando unha superficie de 3.476 km².

A súa economía baséase na agricultura e na gandería. Tamén conta cunha industria de alfombras e téxtiles. Neste concello atópanse os famosos restos arqueolóxicos de Stonehenge, un monumento neolítico, e os de Avebury.

Historia[editar | editar a fonte]

Concello de Trowbridge, cidade do condado
Abadía de Lacock

Prehistoria[editar | editar a fonte]

Wiltshire é coñecida polos restos arqueolóxicos da época prerromana. As tribos celtas que ocuparon a rexión durante o Mesolítico, o Neolítico e a Idade do Bronce construíron colonias nos outeiros. Desta época son os monumentos de Stonehenge e Avebury, os máis famosos de Inglaterra.

Idade Media[editar | editar a fonte]

Nos séculos VI e VII, Wiltshire estaba no extremo occidental da Britania saxona. No ano 878, os daneses (viquingos) invadiron o condado e, tras a conquista normanda, amplas zonas do condado pasaron a mans da coroa e da Igrexa.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Cidades[editar | editar a fonte]

Trowbridge é a capital do condado. Outras cidades destacadas son Calne, Calstone Wellington, Chippenham, Devizes, Marlborough, Salisbury, Swindon, Warminster e Westbury.

Monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Office for National Statistics (2009). "United Kingdom: Counties and Unitary Authorities" (PDF) (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2013. 
  2. Office for National Statistics. "Counties, Non-metropolitan Districts and Unitary Authorities" (en inglés). Consultado o 24 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]