Sir Héctor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sir Héctor (tamén chamado Ector, Antor ou Ectorius) é un personaxe das historias do rei Artur e os cabaleiros da Mesa Redonda de Camelot. Sir Héctor é o pai de Sir Kay, e padrastro de Artur. Ás veces menciónase como un rei e non só como un Señor, e ten propiedades en Londres e na provincia. T. H. White menciona que as súas terras están no Bosque Salvaxe, o cal foi retomado por autores posteriores.

Héctor aparece na obra de Robert de Boron, e tamén no ciclo Lancelot-Graal e obras posteriores, incluíndo A morte de Artur. Nestas versions da leyenda, Héctor recibe a Artur cando este acaba de nacer, de mans de Merlín, quen non lle revela a identidade do infante. Héctor cría a Arturo xunto a Kay, o seu fillo biolóxico.