Caerleon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Vista da vila.
Restos arqueolóxicos dun anfiteatro romano.

Caerleon (Caerllion en galés) é unha vila suburbana do sur de Gales, localizada no condado de Gwent á beira do río Usk e na periferia norte de Newport. Segundo o censo do 2001 tiña unha poboación de 8,708 habitantes. Tamén é un centro arqueolóxico de gran importancia, con vestixios dunha fortaleza romana ("Isca Augusta") e unha construción da Idade de Ferro.

Materia de Bretaña[editar | editar a fonte]

Caerllion é descrito en Historia Regum Britanniæ de Geoffrey de Monmouth, como unha das cidades máis importantes da Bretaña. A narración vai dende a súa fundación polo rei Belinus até a designación como sede bispal en época de san Dubricius. Posteriormente, San David trasladará a sede á catedral de San David. Geoffrey de Monmouth foi quen situou alí a corte do Rei Artur. Foi Chrétien de Troyes quen introduciu o nome de Camelot nas lendas da Materia de Bretaña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]