Héctor de Maris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sir Héctor de Maris ou Ector de Maris é un cabaleiro da Táboa Redonda e un personaxe recorrente nas lendas da Materia de Bretaña. É medio-irmán de Lancelot e fillo do rei Ban de Bénoïc e a Dona de Maris. Sir Bors e Sir Lionel son os seus curmáns.

Héctor participa na busca do Santo Graal, sendo un dos moitos cabaleiros que non acada o seu obxectivo. Cando o romance adúltero de Lancelot e a raíña Xenebra é descuberto en Camelot, desátase unha guerra entre aquel e o rei Artur. Sir Héctor de Maris toma parte no bando do seu medio-irmán, sendo un dos seus xenerais. Despois da guerra, exíliase a Francia xunto coa súa familia pero Artur segue a perseguilos aló. Finalmente, Héctor de Maris axuda a derrotar as forzas de Mordred, trala batalla de Camlann.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]