Saltar ao contido

Excalibur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Excalibur
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Propietario/a
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/02n73 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Excalibur é o nome máis aceptado da espada lendaria do rei Artur, á que se atribuíron diferentes propiedades extraordinarias ao longo das numerosas versións do mito e as historias subseguintes. Orixinalmente recibiu outros nomes: Caliburn[1], nos escritos de Geoffrey de Monmouth; e Caledfwlch[2], en antigas narracións galesas como Culhwch ac Olwen;[3] esta última é unha palabra que deriva do gaélico antigo "caladbolg"[4], que significaría "espada escintilante".

A partir das narracións de ficción baseadas no mítico personaxe do rei Artur, a espada Excalibur ten diversas historias asociadas.

A obtención de Excalibur

[editar | editar a fonte]

Existen diversas historias sobre como Artur se fixo posuidor da mítica espada. Geoffrey de Monmouth só di que a mesma foi forxada en Avalon, sen dar máis detalles.

No Ciclo da Vulgata cóntase que Artur recibe a espada dunha ninfa chamada a Dona do Lago. Porén hai outra historia (máis difundida, mais que segundo os primeiros escritos non era a orixinal) na cal se conta que Artur obtivo Excalibur ao extraela dunha pedra, e que a espada foi forxada por Merlín. En resumo, Excalibur é a espada máis poderosa que nunca existiu, pois dáballe o poder a quen a posuíra de non ser ferido nunca.

A desaparición de Excalibur

[editar | editar a fonte]

O relato máis aceptado é aquel que narra que Arturo, moribundo, ordénalle a un dos seus cabaleiros que tire a súa espada a un estanque encantado. Este cabaleiro, que primeiro desobedece e despois acepta a orde de moi mala gana, é chamado Girflet, Bedivere, Lanzarote ou Perceval, segundo o relato.

Cando o cabaleiro lanza a espada ao estanque, unha man xorde da superficie da auga, colle a espada e despois desaparece nas profundidades.

[editar | editar a fonte]

De sempre tivo unha gran presenza nas diversas manifestacións da cultura popular.

Videoxogos

[editar | editar a fonte]

Series televisivas

[editar | editar a fonte]

Banda Deseñada

[editar | editar a fonte]
  • 1980 Na serie limitada Camelot 3000 publicada por DC Comics, Excalibur é a arma principal do reencarnado Rei Artur .
  • 1988 Na serie Saint Seiya (en galego, Cabaleiros do Zodíaco), a espada foille entregada a Shura de Capricornio pola deusa Athena como recompensa por ser o seu cabaleiro máis leal, e este a empregou para atacar os seus opoñentes.
  • 1999 Digimon Adventure, aparece como a Espada de Magnaangemon.
  • 2004 Fate/stay night, novela visual xaponesa adaptada a diversos medios, na que o personaxe Saber, leva a espada.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Bergin, Osborn (1957-09). "Early Irish history and mythology. By Thomas F. O’Rahilly. Pp. x, 568. Dublin: Institute for Advanced Studies. 1946. 25s.". Irish Historical Studies 10 (40): 416–425. ISSN 0021-1214. doi:10.1017/s0021121400016692.
  2. "Caledfwlch".
  3. Lloyd-Morgan, Ceridwen; Busby, Keith; Dalrymple, Roger (2004). Arthurian Literature XXI: Celtic Arthurian Material (en inglés). DS Brewer. ISBN 978-1-84384-028-2.
  4. THURNEYSEN, R. (1912). "ZUR IRISCHEN GRAMMATIK UND LITTERATUR". Zeitschrift für celtische Philologie 8 (1). ISSN 0084-5302. doi:10.1515/zcph.1912.8.1.64.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]