Dolly Pentreath
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1692 ![]() Cornualla, Reino Unido ![]() |
Morte | 1777 ![]() Cornualla, Reino Unido ![]() |
Lugar de sepultura | Cornualla ![]() |
Actividade | |
Ocupación | peixeira, adiviña ![]() |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography A Historical Dictionary of British Women, (p.350) ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Dolly Pentreath ou Dorothy Pentreath, nada en 1692 e finada en decembro de 1777, foi unha muller córnica coñecida por ser probabelmente a derradeira falante nativa de córnico. Crese que as súas derradeiras palabras foron "Me ne vidn cewsel Sawznek!" (Eu nunca falarei inglés!). En Cornualla é recordada por maldicir ós que se atopaba cando estaba enfadada. A súa morte supuxo a fin do córnico como lingua viva.
Pentreath viviu na parroquia de Paul, preto de Mousehole, onde está enterrada. En 1860 Louis Lucien Bonaparte, sobriño de Napoleón I de Francia, estableceu un monumento na súa honra na igrexa da vila.
Ó igual que ocorre con outros "últimos falantes nativos", existe unha certa controversia sobre o seu status. William Bodinar (finado en 1794) aprendeu córnico de neno e, en 1776, aínda lembraba o suficiente como para escribir unha carta en dita lingua.[1]. Posteriormente, o córnico mantivo un certo uso, unhas poucas persoas aprendérono de xeito illado e algunhas palabras de orixe córnica aínda se empregan hoxe en día no dilecto do inglés que se fala en Cornualla. Porén, a lingua foi revivida no século XX e na actualidade, algúns nenos e mozos falan o córnico como lingua materna. No 2006 estimouse que había 3.500 falantes de córnico nun nivel básico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cornualla |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigo de Dolly Pentreath (en inglés)
- Dolly Pentreath (en inglés)