Diferenzas entre revisións de «Primeira guerra mundial»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
m (Isili0n moveu a páxina "Primeira Guerra Mundial" a "Primeira guerra mundial" sobre unha redirección)
{{sen notas}}
{{Infobox conflito militar
|nome_batalla = Primeira Guerraguerra Mundialmundial
|imaxe = [[Ficheiro:Gavrilo Princip captured in Sarajevo 1914.jpg|300px]]
|descrición_imaxe = Gavrilo Princip detido en Saraxevo tras o asasinato de Francisco Fernando de Austria
|}}
 
A '''Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial''' foi o segundo maior conflito bélico do [[século XX]]. Durou do [[1914]] ó [[1918]] e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de [[Europa]] no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de [[gas mostaza]] para acabar coa resistencia do inimigo.
 
Enfrontou inicialmente a [[Francia]], [[Reino Unido]] e mais [[Rusia]] (os [[aliados da Primeira Guerra Mundial|aliados]]) contra [[Alemaña]] (gobernada por [[Guillerme II de Alemaña]]), [[Imperio Austrohúngaro|Austria-Hungría]], [[Bulgaria]] e mais [[Turquía]] (as [[Potencias Centrais]]). O causante da guerra foi o asasinato do arquiduque de Austria en [[Saraxevo]], pero xa houbera tensións durante os anos anteriores, especialmente na construción naval entre o Reino Unido e Alemaña. Máis tarde uniríanse á guerra outros países como os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Italia]] ou o [[Xapón]].
Os vencedores foron os aliados, grazas á axuda de Estados Unidos, que entrou polo afundimento do [[RMS Lusitania]] o {{data|7|05|1915}}, e impuxeron fortes sancións económicas e territoriais a Alemaña, á vez que desmembraron os imperios de Austria-Hungría e Turquía a partir do [[Tratado de Versalles]] en [[1919]]. Creáronse moitos novos estados en Europa: algúns dunha soa nación (como [[Polonia]]) e outros de varias ([[Iugoslavia]], [[Checoslovaquia]]).
 
Durante a Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial ocorreu tamén a [[Revolución Rusa de 1917|Revolución Rusa]], que fixo que Rusia pactase por separado a paz ([[Tratado de Brest-Litovsk]]) coas [[potencias centrais]] e non estivese representada no [[Tratado de Versalles]] ó atoparse en [[guerra civil]].
 
As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]].
==A orixe da guerra==
No século XIX, as grandes potencias europeas mantiñan un equilibrio de poder pero en constante tensión, a este período chamaríanllle posteriormente a "Paz armada", debido ao imperialismo dos estados europeos tecéranse diversas redes de alianza político militar na que un país veciño buscaba aliarse co país veciño de seu inimigo de tal forma que para a primeira década do século XX se formaran dous bloques, por un lado o capitaneado por Alemaña xunto cos imperios Austrohúngaro e Otomán e do outro lado a tradicional rival Francia xunto con Inglaterra e Rusia.
Na primeira década do século XX consolídanse dous bandos: un central, formado por Italia, o [[Imperio Alemán]] e o [[Imperio Austro-Húngaro]]; e o outro, a ''Entente Cordiale'', formado polo [[Imperio Ruso]] e por Francia. Posteriormente, únese ao segundo grupo o [[Imperio Británico]], que vía no crecemento naval alemán unha ameaza seria. Ata 1914, todos os países organizan as tropas, mercan equipos e trazan diversos plans bélicos durante un periodo coñecido como ''Paz Armada'', en especial o Imperio Ruso, que fora derrotado polo Xapón en 1905 sufrindo unha dura derrota.
 
En agosto de 1914 estoupa a que sería a Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial. Austria-Hungría invade [[Serbia]], o Imperio Ruso decláralle a guerra aos austríacos. O Imperio Alemán declara a guerra a Francia e ao Imperio Ruso. Francia declara a guerra a Austria-Hungría. Os alemáns invaden [[Bélxica]] para chegar a Francia e o Imperio Británico, que garantira a independencia belga, decláralle a guerra ao II Reich.
 
Italia decide non intervir en 1914, rompendo os acordos coas outras potencias centrais. En 1915, a cambio de promesas de conquista territorial a expensas de Austria-Hungría, Italia involúcrase na guerra a favor dos aliados. En outubro de 1914, o Imperio Otomán, axudado polos alemáns, ataca Rusia e entra na guerra no bando das potencias centrais.
 
== Frontes da guerra ==
A '''Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial''' implicou a numerosos estados en distintos continentes: Europa, Asia e África.
 
=== Fronte occidental ===
[[Ficheiro:French 87th Regiment Cote 34 Verdun 1916.jpg|miniatura|200px|Soldados franceses nas trincheiras, durante a batalla de Verdún, en 1916.]]
{{Artigo principal|Fronte occidental (Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial)}}
A fronte occidental foi iniciada en 1914 cando o Imperio Alemán atravesou Bélxica para invadir Francia. O máximo avance produciuse no outono do mesmo ano, cando foron repelidos tras a [[Primeira Batalla do Marne]]. A partir dese momento, a fronte estabilizouse ata 1918, construíndose unha serie de trincheiras dende a fronteira suíza ata a costa francesa. Desde ese período a guerra en occidente quedará determinada polos ataques de infantería de trincheira a trincheira, os continuos bombardeos da artillería e aviación, os aramados, as minas, metralladoras e francotiradores. A maior parte das batallas limítase a un ataque masivo da artillería, podendo ser axudada pola aviación, e despois un asalto coa [[baioneta]]. Ningún dos dous bandos conseguiu avanzar de forma significativa ata [[1918]]. As trincheiras carecen da hixiene básica e son unha fonte de infeccións e diversas patoloxías. Os sucesivos intentos, tanto alemáns coma aliados, non conseguen abrir unha fenda en catro anos.
 
=== Fronte oriental ===
{{Artigo principal|Fronte oriental (Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial)}}
A fronte oriental ábrese en 1914 cando o Imperio Alemán e Austria-Hungría mobilizan os seus exércitos contra o Imperio Ruso. Ao longo das fronteiras dispóñense 1.500.000 de austríacos e 1.000.000 de alemáns. A diferenza doutras frontes, a oriental é moito máis móbil e as liñas defensivas varían moito ao longo da guerra. O primeiro en atacar foi o Imperio Ruso que bombardeou Prusia oriental e o leste de Austria. O I e II Exércitos rusos invadiron o leste austríaco e prusiano con bastante sorpresa por parte das potencias centrais. O avance ruso foi detido polos xermanos en Polonia, na batalla de Tannenberg, tras a que ambos exércitos rusos foron esmagados. En 1915, Bulgaria declara a guerra aos aliados e destina os seus exércitos a dúas frontes: unha parte á fronte rusa e outra á fronte dos [[Balcáns]]. Ese mesmo ano, axudará a expulsar aos serbios do seu propio territorio. O Imperio Otomán ataca ao ruso en Armenia e entra na guerra en favor de Alemaña. En xuño de 1916, o xeneral ruso Brusilov organiza un ataque e consegue tomar parte de Austria, pero os alemáns contraatacan e recuperan os territorios no inverno do mesmo ano. En xuño de 1917, os rusos volven á carga, tras asumir o poder [[Aleksandr Kerenskii|Kerenskii]] pero as potencias centrais volven contraatacar e conquistan [[Riga]]. Despois desta derrota, Rusia perde a iniciativa e en novembro estoupa a revolución bolxevique. En 1918, Rusia réndese e a fronte oriental desaparece. Os soldados destinados nela son trasladados á occidental e á fronteira italiana.
 
=== Fronte italiana ===
{{Artigo principal|Fronte italiana (Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial)}}
A fronte italiana instaurouse en 1915 coa entrada de Italia na guerra en favor dos aliados. Antes da guerra, Italia formaba parte da ''Triple Alianza'', xunto con Austria-Hungría e o Imperio Alemán. A pesar da existencia destes acordos, Italia decidiu non axudar aos seus aliados cando se iniciou a guerra en 1914, considerando que os pactos acadados eran tan só defensivos e o conflito serbio-austríaco non era xustificación para involucrarse na contenda. En abril de 1915 deu por non válido este compromiso e en maio declaroulle a guerra a Austria-Hungría, ao Imperio Alemán e ao Imperio Otomán, coa promesa aliada de que obtería territorios austríacos. A fronte estabilizouse axiña en [[Gorizia]] e no [[río Isonzo]], onde Austria estableceu unha liña densa de trincheiras e diversos fortes. As tropas italianas pretendían realizar unha ofensiva rápida e afondar en Austria pronto, pero os transportes eran escasos e o terreo a percorrer, angosto. Despois de numerosos ataques apenas se movera a liña. Durante dous anos, Italia lanzou diversos ataques contra as defensas austríacas, sen resultado agás pequenas vitorias parciais. En 1917 produciuse o avance aliado máis importante, debido á necesidade austríaca de enviar efectivos cara a [[fronte oriental (Primeira Guerra Mundial)|fronte oriental]] durante a [[ofensiva de Brusilov]]. En 1918, os alemáns enviaron reforzos tras vencer aos rusos. Reforzaron as liñas defensivas e emprenderon novos ataques empregando tácticas distintas. As defensas italianas estiveron a punto de colapsarse pero aguantaron ata ao final da guerra.
 
=== Fronte balcánica ===
{{Artigo principal|Fronte balcánica (Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial)}}
A fronte balcánica foi a primeira fronte da guerra, xa que o ''casus belli'' para Austria-Hungría foi o asasinato en xullo de 1914 do arquiduque Francisco, que se produciu en [[Saraxevo]], capital de [[Serbia]]. O mesmo mes, Austria declara a guerra a Serbia e o mecanismo das alianzas provoca que o conflito se globalice. En agosto comezan as hostilidades pero non é ata 1915 cando os austríacos rompen a fronte. Conquistan a maior parte do país e os serbios deben retirarse ao sur. En 1916 os austríacos conquistan [[Reino de Montenegro|Montenegro]]. O mesmo ano, [[Romanía]] declara a guerra ás potencias centrais e axiña é atacada por Austria. As tropas romanesas deben retirarse ata [[Moldavia]] onde resistirán coa axuda dos rusos. En 1917, [[Grecia]] entra na guerra no bando aliado e un ano despois organízase unha grande ofensiva que consegue a rendición búlgara e libera Serbia.
 
=== Fronte africana ===
{{Artigo principal|Fronte africana (Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial)}}
En 1914, case toda África estaba colonizada por un ou outro país. As maiores potencias coloniais africanas eran Francia e o Imperio Británico. O Imperio Alemán posuía certos territorios de menor importancia, que foron atacados xa en 1914. [[Togolandia]] e [[Camerún]] foron capturadas ese mesmo ano, mentres que a África do Suroeste alemá foi conquistada en 1915 por soldados [[Suráfrica|surafricanos]]. Non obstante, [[Tanganica]] permaneceu nas mans alemás ata ao final da contenda.
 
=== Fronte asiática ===
{{Artigo principal|Fronte asiática (Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial)}}
En agosto de 1914, o Xapón envía un ultimato ao Imperio Alemán para que lle ceda as súas posesións asiáticas. Alemaña negouse e o Xapón declarou a guerra. Ese mesmo ano, atacou [[Qingdao]], un porto chinés que empregaba a mariña alemá. Ocuparon as illas Marianas e as Carolinas. [[Nova Zelandia]], aliada, ocupou a [[Nova Guinea alemá]].
 
=== Guerra naval ===
{{Artigo principal|Guerra naval (Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial)}}
A '''gran guerra''' foi unha contenda que se iniciou e finalizou en terra, sendo protagonista a infantería e os equipos blindados. Non obstante, a mariña interviu ao longo de toda a guerra en distintas áreas.
 
* [[Winston Churchill]] combateu na guerra aínda sendo deputado no [[parlamento británico]].
* [[Tolkien]] combateu e escribiu algúns dos relatos do [[Silmarillion]] nas trincheiras.
* [[Rommel]] e [[Patton]], alemán e americano respectivamente, combateron na guerra e foron rivais (como mariscal e xeneral) tamén na [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]].
* [[Harry S. Truman]], presidente dos Estados Unidos, que combateu como oficial de [[artillería]].
* [[Hermann Göring]], piloto de aviación, do escuadron do barón [[Manfred von Richthofen]].
As consecuencias máis graves sufríronas os perdedores da contenda, o Imperio Austro-Húngaro, o Imperio Alemán e o Imperio Otomán. Os tres imperios desapareceron dando lugar a cadansúa república: Alemaña, Austria, Hungría e Turquía. Tamén desapareceu o Imperio Ruso e xurdiu a Rusia revolucionaria. A diferenza reside en que a desaparición dos tres primeiros imperios foi parte dos acordos de paz asinados coas potencias aliadas. En cambio, o Imperio Ruso desapareceu por mor dunha revolución interna iniciada durante a guerra, en 1917.
 
O Imperio Alemán deu lugar á república de Weimar, perdendo [[Alsacia]] e [[Lorena (rexión)|Lorena]] en favor de Francia. Ambas rexións xa sufriran cambios de nacionalidade. O último ocorrera tras a vitoria prusiana na [[guerra franco-prusiana]]. Tamén perdeu territorios en favor de Polonia (Polonia desaparecera coma estado no ano 1795, repartíndose o seu territorio entre Prusia e o Imperio Ruso) e en favor do novo estado de Checoslovaquia. A perda do acceso á cidade de Danzing para os alemáns sería un dos eixos da política expansionista de [[Adolf Hitler]]. A [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]] iniciouse nesta rexión, cando as tropas [[nazi]]s invadiron Polonia. Outros territorios menores foron perdidos en favor de Lituania, Bélxica e [[Dinamarca]].
 
O Imperio Austro-Húngaro tamén desapareceu, formándose os estados independentes de Austria, Hungría, Iugoslavia, Checoslovaquia, Eslovenia, Ucraína e Croacia. Tamén se redistribuíron rexións en favor de Italia e Polonia.
 
=== Consecuencias sociais ===
A '''Primeiraprimeira Guerraguerra Mundialmundial''' supuxo un cambio fundamental na sociedade do inicio do século XX. A gran guerra foi a primeira contenda que requiriu a mobilización masiva social. Todos os homes entre 18 e 50 anos foron recrutados nun momento ou outro, sempre que non desenvolvesen un traballo esencial. A contribución de homes de xeito continuado provocou a necesidade de buscar outra man de obra para a industria bélica. Recorreuse ás mulleres, que se incorporaron rapidamente ao mercado laboral. Tradicionalmente, as mulleres estaban ocupadas das tarefas domésticas e carecían de dereito ao voto. A partir de 1914, moitas delas comezaron a traballar e polo tanto agora posuían un salario e independencia. Isto ía ser un grande estímulo ao movemento feminista, que despois da guerra conseguiría o voto feminino en Gran Bretaña, Alemaña, Estados Unidos, Turquía e Rusia. En Francia inda terían que pasar varios anos para o seu establecemento. Outra das consecuencias foi o aumento das diferenzas sociais e un incremento da inflación. As persoas ligadas á industria do armamento elevaron os seus ingresos de xeito exponencial, mentres que a elevada inflación prexudicaba ás clases asalariadas. Ademais, milleiros de soldados quedaron irremediablemente mutilados pola guerra, sendo incapacitados para calquera actividade laboral.
 
=== Consecuencias políticas ===
=== Outros artigos ===
* [[Paz armada]]
* [[Segunda Guerraguerra Mundialmundial]]
* [[Aliados da Primeira Guerra Mundial|Aliados da primeira guerra mundial]]
* [[Aliados da Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]]
* [[Potencias Centrais]]
* [[Potencias do Eixo]]
10.315

edicións

Menú de navegación