Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O Reino de Montenegro (en serbio:Краљевина Црнe Горe; Kraljevina Crne Gore) foi un dos reinos dos Balcáns, que existiu desde 1910 a 1918. A súa con capital era Cetinje.
Isto supuxo a incorporación dunha poboación que non se identificaba cultural e historicamente co país.
A cidade recentemente tomada de Escútari (Shkodër en albanés) tivo que ser devolta ao novo estado de Albania por presións das grandes potencias a pesar de que os montenegrinos perderon 10.000 soldados na súa toma ás forzas otomás (albanesas) de Essad Bajá.