Segunda batalla de Ypres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A segunda batalla de Ypres foi unha batalla da Primeira Guerra Mundial producida entre abril e maio de 1915. Foi a primeira batalla na que os alemáns empregaron gas velenoso na fronte occidental. A batalla componse de varias fases:

  • batalla de Gravenstafel do 22 ao 23 de abril de 1915
  • batalla de Santo Xulián do 24 de abril ao 5 de maio
  • batalla de Frezenberg do 8 ao 13 de maio
  • batalla de Bellewaarde do 24 ao 25 de maio

Cronoloxía da batalla[editar | editar a fonte]

17 de abril de 1915[editar | editar a fonte]

A 1ª división de infantería canadense chega á fronte de Ypres, 4 quilómetros á esquerda das posicións británicas.

21 de abril de 1915[editar | editar a fonte]

Comeza o bombardeo alemán. Nun principio, os británicos cren que é un ataque máis, pero se trata do bombardeo preeliminar á batalla.

22 de abril de 1915[editar | editar a fonte]

O 22 de abril produciuse o primeiro combate das tropas canadense. As primeiras trincheiras canadenses son febles e non están debidamente acondicionadas. Carecen de apoio artilleiro. Os ataques soamente están apoiados por metralladoras nos flancos, morteiros pequenos e granadas de man.

O mesmo día produciuse o primeiro ataque con gas da guerra. As tropas alemanas do IV Exército inician un ataque con cloro contra as tropas francesas, que abandonan as trincheiras deixando 8 quilómetros sen defensa. A noite do 22 ao 23, as tropas canadenses desprázanse para cubrir o oco.

24 de abril[editar | editar a fonte]

Os alemáns inician un novo ataque con gas, desta vez contra a 1ª División canadense. Os defensores carecen de caretas antigás e improvisan unhas: unha sábana enchoupada en ouriños ou auga.

4 de maio[editar | editar a fonte]

Soldados británicos, franceses e indios acoden en auxilio dos canadenses.

6 de maio[editar | editar a fonte]

O comandante do II Exército británico en Ypres, o comandante Sir Horace Smith-Dorrien suxire unha retirada estratéxica para aliviar a presión sobre Ypres. É degradado e substituído polo xeneral Herbert Plumer, con ordes de realizar un ataque directo.

8 de maio[editar | editar a fonte]

Os alemáns apodéranse do cumio de Frenzemberg e retéñeno a pesar dos ataques aliados.

24 de maio[editar | editar a fonte]

Os alemáns prosiguen atacando, esta vez a Bellewaerdeen, en poder dos británicos, pero deben desistir debido aos ataques franco-británicos.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

Os diversos ataques non conseguen romper a liña da fronte e apenas se producen cambios territoriais. Os británicos só conseguen avanzar 5 quilómetros en territorio alemán. Ao final da batalla cóntanse 58.000 baixas británicas, 35.000 alemanas e 10.000 francesas.