Conversa:Primeira guerra mundial

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aviso de CommonsTicker[editar a fonte]

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

ABF eliminou Image:Le_petit_journal_1914.jpg: In category [[:category:Unknown as of 15 February 2008|Unknown as of 15 February 2008]]; no source;

-- CommonsTicker 22:22, 23 febreiro 2008 (UTC)

Os artigos non son dunha persoa, son de todos polo tanto corrixir é correcto e preciso, dá o mesmo que quen comezou non emprege infinitivos conxugados, o infinitivo en galego conxuga polo tanto a súa corrección está xustificada totalmente.--RNC 20:02, 4 decembro 2009 (UTC)
O certo é que na corrección anterior había cousas correctas con outras que non o eran, como colocar o artigo diante de todos os países polo tanto non vou reverter a edición.--RNC 20:29, 4 decembro 2009 (UTC)

-ble vs -bel[editar a fonte]

O creador do artigo (1.12.2004) utilizou as dúas formas (inamovibeis [sic] e salientable). Modificacións posteriores converteron este segundo en salientábel e apareceu un terceiro caso: inevitábel; pero outros editores usaron posibles, combustible, responsable e irremediable. De por parte, o primeiro editor usaba establecer (e derivados). Por todo isto, homoxeinizo o artigo en -ble. Pedro --Lameiro (conversa) 16:23, 6 decembro 2009 (UTC)

Por cada metro conquistado pérdense milleiros de vidas.[editar a fonte]

Por cada metro conquistado pérdense milleiros de vidas. Porqué se retirou esta frase? Non é subxectiva nin tendenciosa. É certo, en calqueira libro sobre a Primeira Guerra Mundial pódese atopar esta afirmación. Por exemplo, na batalla do Somme ou Verdún morreron millóns de homes sumando ambos bandos e apenas se avanzaron 10 quilómetros en toda a batalla. --Silverfox 23:22, 9 decembro 2009 (UTC)

  • Eliminei esa frase unha das 3 veces que estaba repetida, cunhas ou outras palabras. Pero aínda queda esa afirmación en dúas ocasións. Busca:
"O éxito de cada ataque medíase en relación á superficie gañada, ás veces custando miles de vidas cada metro conquistado".
"Nas grandes ofensivas coma a da Somme ou na batalla de Verdún, cada metro conquistado custou milleiros de vidas".

Pero xogando coas matemáticas, dis que en Somme morreron "millóns de homes" en "apenas 10 quilómetros". Supoñamos 10 millóns de persoas: tocan a 1000 por metro. Para ser certo a expresións "milleiros de vidas" terían que morrer como mínimo 20 millóns nesa batalla, que xa son xente. En calquera caso, non se trata de facer matemáticas senón dunha hipérbole que pon de manifesto a magnitude e barbaridade da guerra, e por iso deixei, nos dous sitios citados, esa frase. Agora penso que realmente debería haber deixado só unha ocorrencia. Pedro --Lameiro (conversa) 00:19, 10 decembro 2009 (UTC)

Vale, grazas pola aclaración! Non me dera conta. De todos os xeitos tampouco dista moito da realidade por desgraza. Nas batallas entre Austria e Italia do Isonzo apenas se moveu a liña uns quilómetros en dez (si, dez non é mentira) batallas. Xa sei que sou pesado con este artigo pero é que me levou moito tempo e quero que quede coma un artigo bo e completo de tal guerra. Un saúdo. --Silverfox 15:53, 10 decembro 2009 (UTC)