Saltar ao contido

RMS Lusitania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
RMS Lusitania
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Lusitania (en) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
 Membro da tripulación
 Fabricante
Datas
 Data de comezo
17 de agosto de 1904 Editar o valor en Wikidata
Historia
17 de agosto de 1904posta da quilla
7 de xuño de 1906botadura
26 de agosto de 1907entrada en servizo
7 de setembro de 1907viaxe inaugural
7 de maio de 1915naufraxio
Causado por: ataque torpedo Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de creación
 País de orixe
 País de rexistro
 Porto de orixe
 Porto de rexistro
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Capacidade
 3.125 Editar o valor en Wikidata
 Anchura
 26,52 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
 239,8 m Editar o valor en Wikidata
 Masa
 44.060 t Editar o valor en Wikidata
 Tonelaxe bruto
 31.550 Editar o valor en Wikidata
 Velocidade máxima
 26,7 kn Editar o valor en Wikidata
 Velocidade de cruceiro
 25 kn Editar o valor en Wikidata
 Potencia
 76.000 CV Editar o valor en Wikidata
 Manga
 26,7 m Editar o valor en Wikidata
 Calado
 18,4 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF160531828 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0289gc Editar o valor en Wikidata
Número de casco367 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O RMS Lusitania (en inglés: Royal Mail Ship Lusitania) foi un transatlántico británico que pertencía a Cunard Line e que foi construído por John Brown and Company of Clydebank en Escocia. Foi torpedeado por un submarino alemán o 7 de maio de 1915, preto da costa de Irlanda morrendo 1.198 das 1.959 persoas a bordo. É considerado o segundo desastre marítimo máis famoso despois do RMS Titanic.

Deseño e construción

[editar | editar a fonte]

O Lusitania na cidade de Nova York en setembro de 1907. Fotografía tomada con lente panorámica.

O Lusitania na cidade de Nova York en setembro de 1907. Fotografía tomada con lente panorámica.

O Lusitania foi deseñado polo arquitecto naval da Cunard Line, Leonard Peskett. Peskett construíu unha maqueta do barco en 1902 mostrando o deseño de tres chemineas. A cuarta foi engadida ao deseño en 1904 como necesaria para a ventilación das caldeiras adicionais.

A quilla do Lusitania foi colocada no estaleiro no. 367 de John Brown & Clydebank o 16 de xuño de 1904. Foi botado e bautizado por Lady Inverclyde o 7 de xuño de 1906. Lord Inverclyde (1861-1905) finou antes da ocasión. O 27 de xullo de 1907 comezaron as probas formais. Os enxeñeiros dos estaleiros e os oficiais da Cunard descubriron que as altas velocidades causaban severas vibracións no casco, e isto provocaba un intenso balanceo no interior. Logo dunhas modificacións, o buque foi entregado á Cunard o 26 de agosto de 1907.

Derradeira viaxe

[editar | editar a fonte]

O Lusitania partiu do peirao 54 de Nova York o 1 de maio de 1915. A embaixada alemá en Washington enviou esta advertencia o día 22 de abril.

¡AVISO!
ÓS PASAXEIROS que intenten embarcar nunha viaxe atlántica se lles recorda que o estado de guerra está declarado entre Alemaña e os seus aliados e Gran Bretaña e os seus aliados. A zona de guerra inclúe as augas que rodean as Illas Británicas; isto, conforme coa noticia formal dada polo Goberno Imperial Alemán, os buques que viaxen baixo a bandeira do Reino Unido, ou calquera dos seus aliados, son expostos a destrución nestas augas e os pasaxeiros que naveguen por zona de guerra en barcos ingleses ou dos seus aliados fano baixo este risco:
Embaixada Imperial Alemá,
Washington, D.C. 22 de abril de 1915
.

Este aviso foi posto xusto ó lado do anuncio da viaxe de volta do Lusitania. O aviso provocou certa axitación na prensa e preocupou ós pasaxeiros e á tripulación do barco.

O aviso oficial do goberno alemán sobre as viaxes no Lusitania.

Afundimento

[editar | editar a fonte]
Efecto do torpedo do U-20.

O 17 de maio de 1915, o Lusitania encontrábase navegando, forzando así o bloqueo imposto polos alemáns. Atopábase aproximadamente a 30 km de Cape Clear, Irlanda, cando se viu obrigado a reducir a velocidade a 18 nós a causa da néboa. Dirixíase cara ó porto de Queenstown, Irlanda, cando ás 14:10 o submarino alemán U-20 lanzou un torpedo. Tras o impacto, cada poucos segundos había unha explosión a bordo non determinada directamente polo torpedo lanzado polo U-20: supoñíase que o Lusitania era empregado como medio para o contrabando de material explosivo. Hoxe sabemos que o boquete provocado polo torpedo se abriu preto dos almacéns de carbón, nos que quizais unha mestura de gases inflamables, formouse como consecuencia da explosión causada polo torpedo, que tamén estoupou. Ó non ser posible parar os motores, non se puideron equilibrar os botes. 1.198 persoas morreron, salvándose só 751.

Consecuencias

[editar | editar a fonte]

O suceso provocou que a opinión pública de moitos países se puxese en contra da Alemaña alén disto, provocou que os Estados Unidos tomasen parte na primeira guerra mundial.

Unha das maiores causas da morte dos pasaxeiros logo de que o buque fose alcanzado polo torpedo foi que o capitán non tivo a oportunidade de parar o barco, e en consecuencia os botes salvavidas non se puideron equilibrar na auga que estaba sendo axitada polas ondas que provocaba o barco. O torpedo afectou a sala de máquinas impedindo parar as máquinas.

En decembro de 1918, Popular Science Monthly publicou que este problema ocorreu máis veces noutros barcos despois do afundimento do Lusitania, e a British Board of Trade suxeriu que todos os barcos de pasaxeiros fosen dotados con algunha forma de deter as máquinas desde a ponte.

Os restos

[editar | editar a fonte]

O barco afundiu a máis de 96 metros de profundidade. Quedou sobre a súa quilla levemente inclinado a estribor, practicamente enteiro. Alí permaneceu por moitos anos. Durante a baixa marea, ós pescadores locais éralles posible divisar as sombras dos mastros. Cando por fin a tecnoloxía permitiu somerxerse a maiores profundidades, o Lusitania xa se desmoronara sobre o seu costado de estribor. O goberno inglés sempre interpuxo unha multitude de obstáculos para mergullar o pecio, e a miúdo usouno como obxectivo para prácticas de tiro de torpedos, sendo esta unha das causas do seu mal estado. Robert Ballard, coñecido oceanógrafo descubridor do RMS Titanic, realizou en 1990 un informe do barco.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bailey, Thomas A. "The Sinking of the Lusitania," The American Historical Review, Vol. 41, No. 1 (outubro de 1935), pp. 54–73 en JSTOR (en inglés)
  • Bailey, Thomas A. "German Documents Relating to the 'Lusitania'", The Journal of Modern History, Vol. 8, No. 3 (Sep., 1936), pp. 320–37 en JSTOR(en inglés)
  • Bailey, Thomas A. e Paul B. Ryan. The Lusitania Disaster: An Episode in Modern Warfare and Diplomacy (1975)(en inglés)
  • Ballard, Robert D., & Dunmore, Spencer. (1995). Exploring the Lusitania. Nova York: Warner Books.(en inglés)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]