Sociedade de Nacións
Sociedade de Nacións | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
![]() | |
Acrónimo | LN, SDN e SdN |
Tipo | organización intergobernamental |
Data de fundación | 1919 |
Data de disolución | 18 de abril de 1946 e 20 de abril de 1946 |
Presidente/a | Seán Lester (en) ![]() |
Secretario/a | Eric Drummond, 7th Earl of Perth, Joseph Avenol e Seán Lester |
Organización subsidiaria | Women's Advisory Council, League of Nations |
Sede | palais Wilson e Palácio das Nações |
País | Suíza |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Sociedade de Nacións foi concibida ideoloxicamente no decurso da primeira guerra mundial, cando líderes coma Woodrow Wilson comezaron a defende-la necesidade dunha organización supraestatal responsábel de resolución de potenciais conflitos entre as distintas nacións. Durante as negociacións de paz de outubro de 1918, Woodrow Wilson propuxo os seus catorce puntos entre os que figuraba a creación dunha Liga das Nacións. A liga foi fundada axiña, na conferencia de Paz de París que tivo lugar en 1919, establecéndose a sede xeral en Xenebra (Suíza). Entre os seus propósitos figuraban a promoción de vía diplomática en prol de solucionar os conflitos, de tal xeito que se acordou embargar comercialmente a aqueles países que declarasen guerras[Cómpre referencia].
Porén, a liga endexamais contou con forzas internacionais. Os mesmos EUA negáronse a participar ao negárense a asinar o Tratado de Versalles. Así a todo, cóntanse certos éxitos diplomáticos da liga: a mediación para evitar a guerra entre o Iraq e Turquía, Grecia e Bulgaria e Polonia e Lituania, todos eles conflitos fronteirizos. Porén, nunca foi capaz de deter as arelas militaristas de Italia, o Xapón e Alemaña. Durante a segunda guerra mundial estivo inactiva e logo foi substituída polas Nacións Unidas.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2019.) |