Batalla de Saint-Quentin (1914)
| Batalla de Saint-Quentin | |||
|---|---|---|---|
| Great Retreat (en) | |||
|
Instancia de
| |||
|
Resultado
Vitoria xermana, repelido o ataque francés
| |||
| Datas e cronoloxía | |||
|
Data
| |||
|
Data de comezo
| |||
|
Data de remate
| |||
| Implicados | |||
|
Forzas
| |||
|
Baixas
| |||
| Localización | |||
|
Localización
| |||
|
Coordenadas
| |||
|
País
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
|
Descrito pola fonte
| |||
| Wikidata C:Commons | |||
A batalla de Saint-Quentin de 1914 foi unha batalla da primeira guerra mundial, tamén denominada a primeira batalla de Guise. Tivo lugar en agosto de 1914.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A noite do 26 de agosto, as tropas aliadas estaban en retirada. O xeneral francés Joffre precisaba que alguén contivese o avance alemán mentres se retiraban tanto as tropas galas (no flanco dereito) como as tropas expedicionarias británicas (no flanco esquerdo). Os mandos franceses ordenaron a Lanrezac, a cargo do V Exército, atacar os alemáns atrasando o seu avance.
O día 29 pola mañá atacaron ás tropas alemás, que nos días anteriores estableceran defensas en torno a Saint-Quentin. O avance foi lento e custou moitas vidas, pero finalmente forzaron a Bullow a retroceder. Esa mesma noite, Joffre ordenou a Lanrezac que continuasen a retirada e que ó seu paso destruísen as pontes sobre o río Oise. A orde non chegou ata o día 30 pola mañá e as tropas tardaron en iniciar a marcha. Non obstante, o II Exército alemán non se desprazou e polo tanto non obstaculizou a Lanrezac.
O día 30, Bullow reportou aos seus superiores que non puidera curtar a retirada francesa. Días despois marchou cara ao río Marne en dirección a París.