Eris (planeta anano): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/outorgar
Liña 5: Liña 5:
Durante algo máis dun ano este corpo celeste foi considerado como o décimo [[planeta]] do [[Sistema Solar]] polos seus descubridores, pero actualmente, segundo as estimacións da [[Unión Astronómica Internacional]] (UAI) na súa sesión do [[24 de agosto]] de [[2006]], é considerado un [[planeta anano]] (xunto a [[Plutón (planeta anano)|Plutón]] e [[1 Ceres|Ceres]]), unha nova categoría creada na devandita sesión.
Durante algo máis dun ano este corpo celeste foi considerado como o décimo [[planeta]] do [[Sistema Solar]] polos seus descubridores, pero actualmente, segundo as estimacións da [[Unión Astronómica Internacional]] (UAI) na súa sesión do [[24 de agosto]] de [[2006]], é considerado un [[planeta anano]] (xunto a [[Plutón (planeta anano)|Plutón]] e [[1 Ceres|Ceres]]), unha nova categoría creada na devandita sesión.


Antes de que o [[13 de setembro]] de [[2006]] se lle otorgase o seu nomeamento definitivo era coñecido co nome provisional de 2003 UB<sub>313</sub>.
Antes de que o [[13 de setembro]] de [[2006]] se lle outorgase o seu nomeamento definitivo era coñecido co nome provisional de 2003 UB<sub>313</sub>.


== Órbita ==
== Órbita ==

Revisión como estaba o 26 de decembro de 2016 ás 10:43

Eris é o planeta anano de maior tamaño do noso Sistema Solar. Foi descuberto por Michael E. Brown, Chad Trujillo e David Rabinowitz o 8 de xaneiro de 2005 a partir dunhas imaxes tomadas o 21 de outubro de 2003. Ten un único satélite natural ó que se lle deu o nome de Disnomia.

Historia e características

Durante algo máis dun ano este corpo celeste foi considerado como o décimo planeta do Sistema Solar polos seus descubridores, pero actualmente, segundo as estimacións da Unión Astronómica Internacional (UAI) na súa sesión do 24 de agosto de 2006, é considerado un planeta anano (xunto a Plutón e Ceres), unha nova categoría creada na devandita sesión.

Antes de que o 13 de setembro de 2006 se lle outorgase o seu nomeamento definitivo era coñecido co nome provisional de 2003 UB313.

Órbita

Eris presenta un período orbital duns 560 anos (tarda 560 anos en completar o seu movemento de translación) e arestora atópase á máxima distancia posible do Sol (afelio), a unhas 97 unidades astronómicas (UA) da Terra (14.400 millóns de quilómetros). Do mesmo xeito que Plutón, a súa órbita é moi excéntrica (chega a unhas 35 UA do Sol durante o perihelio) e ó contrario dos planetas telúricos e dos xigantes gasosos, a órbita de Eris está inclinada uns 44° respecto á eclíptica.

É un dos corpos do Sistema Solar máis brillante e a responsable de que non se tiveran datos sobre a súa existencia ata hai ben pouco é a inclinación da súa órbita, pois normalmente a maioría das buscas concéntranse no plano da eclíptica, onde se agrupa a maioría da materia do noso Sistema Solar.

Tamaño

Comparación do tamaño de Eris e Disnomia co resto dos corpos do Cinto de Kuiper e coa Terra.

Segundo observacións do telescopio espacial Hubble e do Observatorio Keck, o diámetro de Eris é de 2.398 km (±96 km) e a súa masa é de 1,66x1022 kg polo que é un pouco máis grande que Plutón.

Satélite

Disnomia é o único satélite de Eris.

Preséntase no espazo como un punto 60 veces menos luminoso que Eris polo que, se asumimos que os dous corpos presentan o mesmo albedo, o diámetro de Disnomia pode ser duns 350 km, oito veces máis pequeno que Eris.

O seu período orbital é de 14 días.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas