Plutoide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os plutoides son os planetas ananos do Sistema Solar que se atopan alén da órbita de Neptuno. O concepto foi definido por un voto na Asemblea Xeral da Unión Astronómica Internacional (IAU) en Praga o 24 de agosto de 2006, pero sen escoller a terminoloxía. Segundo a resolución 6A desta asemblea xeral titulada Definition of Pluto-class objects, a súa definición é:

Corpos celestes en órbita arredor do Sol a unha distancia maior que a de Neptuno, con masa suficiente para que a súa propia gravidade supere as forzas de corpo ríxido de tal xeito que asumen unha forma case esférica de equilibrio hidrostático e que non baleiraron a súa órbita de corpos veciños.

Polo tanto, calquera obxecto que cumpra simultaneamente a definición de planeta anano e obxecto transneptuniano é un plutoide. Ata 2008 só Plutón, Eris, Makemake e Haumea son considerados plutoides.

Os satélites dos plutoides non son eles mesmos plutoides aínda que sexan suficientemente masivos para que a súa forma sexa ditada pola súa gravidade. O planeta anano Ceres tampouco é un plutoide porque está situado no cinto de asteroides, facéndoo un obxecto único na súa clase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]