Michael E. Brown
Michael E. Brown | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de xuño de 1965 |
Lugar de nacemento | Huntsville |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Virgil I. Grissom High School, Universidade de Princeton e Universidade de California en Berkeley |
Ocupación | astrónomo |
Premios | Kavli Prize in Astrophysics |
Na rede | |
http://www.gps.caltech.edu/~mbrown | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Michael E. Brown
|
Michael E. Brown, nado o 5 de xuño de 1965 en Huntsville (Alabama), é un profesor do planetario astronómico do Instituto Tecnolóxico de California (Caltech) dende o 2003. Anteriormente foi profesor asociado de Caltech no 2002–2003 e profesor asistente, tamén en Caltech en 1997–2002.[1]
Educación[editar | editar a fonte]
Brown graduouse no Instituto Virgil I. Grissom en 1983. Brown obtivo o A.B. en física na Universidade de Princeton en 1987. Logo fixo un máster e un doutoramento, en 1990 e 1994 respectivamente, na Universidade de California, Berkeley.[1]
Descubertas[editar | editar a fonte]
Brown é coñecido na comunidade científica polas súas pequisas de obxectos que orbitan o Sol. O seu equipo descubriu moitos dos obxectos transneptunianos (TNOs). Particularmente notables son Eris, o único TNO descuberto que é maior que Plutón, e é un dos planetas ananos que hai no Sistema Solar; 90377 Sedna, un planetoide; e 90482 Orcus.
Controversia sobre Haumea[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Haumea (planeta anano).
Brown e o seu equipo tamén estiveron observando o planeta anano Haumea aproximadamente seis meses antes de que fora anunciada a súa descuberta por José Luis Ortiz Moreno e os seus compañeiros do Observatorio de Serra Nevada, en España. Brown acusou a Ortiz de fisgar no seus arquivos para levalo recoñecemento da descuberta de Haumea. O certo é que IPs radicadas no Instituto de Astrofísica de Andalucía (CSIC), onde Ortiz traballa, constan como titulares de correos electrónicos enviados por Ortiz e compañeiros. Isto ocorreu na semana anterior ao anuncio do descubrimento.[2] Cando se lle preguntou por esta actividade el respondeu que a única razón era porque non anunciaban o obxecto, pois eles xa o tiñan identificado.[3]
Brown pediulle á Unión Astronómica Internacional que lle acredite ao seu equipo o descubrimento de Haumea. Non obstante, Ortiz e compañeiros son os descubridores, mentres que a autoría do nome é de Brown. Ortiz prefería Ataecina.
Honores e galardóns[editar | editar a fonte]
Brown foi definido por Time's no 2006 como unha das cen persoas máis influentes.[4] No 2007 recibiu o premio anual de Caltech, Feynman Prize. O asteroide 11714 Mikebrown, descuberto o 28 de abril de 1998, recibe o seu nome na súa honra.[5]
Michael Brown formou persoas da astrofísica como poden ser Jean-Luc Margot, Chad Trujillo, e Marc Kuchner.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Brown casou con Diane Binney o 1 de marzo de 2003,[6] con quen ten unha filla.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Brown, Michael. "Curriculum vitae". Consultado o 4 de marzo de 2010.
- ↑ Brown, Michael. "The electronic trail". Consultado o 11 de marzo de 2010.
- ↑ Overbye, Dennis (2005-09-13). New York Times, ed. "One Find, Two Astronomers: An Ethical Brawl". Consultado o 2006-08-25.
- ↑ Lemonick, Michael D. (2006-04-30). Time, ed. "Mike Brown: Pluto's Worst Nightmare". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2010. Consultado o 2006-08-25.
- ↑ JPL Small-Body Database Browser. Jet Propulsion Laboratory, ed. "11714 Mikebrown (1998 HQ51)" (online). Consultado o 2009-02-20.
- ↑ Brown, Michael. "Mike and Diane's Fabulous Wedding Web Page". Consultado o 2006-08-25.
- ↑ Brown, Michael. "Lilah Binney Brown". Consultado o 2006-08-25.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Brown's homepage (en inglés)
- Mike Brown's planets Brown's blog (en inglés)