República do Congo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
GhalyBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: arz:جمهورية الكونجو
Liña 119: Liña 119:
[[ar:جمهورية الكونغو]]
[[ar:جمهورية الكونغو]]
[[arc:ܩܘܛܢܝܘܬܐ ܕܩܘܢܓܘ]]
[[arc:ܩܘܛܢܝܘܬܐ ܕܩܘܢܓܘ]]
[[arz:جمهورية الكونجو]]
[[ast:El Congu]]
[[ast:El Congu]]
[[az:Konqo Respublikası]]
[[az:Konqo Respublikası]]

Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2013 ás 19:11

Modelo:País

Congo

O Congo (por veces chamado Congo-Brazzaville para o distinguir da veciña República Democrática do Congo) é un país africano. Limita ao norte con Camerún e a República Centroafricana, ao leste e sur coa República Democrática do Congo, ao sur con Cabinda e ao oeste co océano Atlántico e Gabón. A súa capital é Brazzaville.

Historia

Artigo principal: Historia do Congo.

O Congo obtivo a súa independencia da Francia o 15 de agosto do 1960. O seu primeiro presidente foi Fulbert Youlou, forzado a deixar o goberno por unha revolta, no 1963. Asume, entón, a presidencia Alphonse Masamba-Délbat que, en 1964, fundou un partido de índole marxista-leninista adoptando unha economía planificada, de base socialista. A seguir, dá inicio a un "Plano Quinquenal" que levou a unha expansón inicial da agricultura e da indústria.

A tensión entre o goberno e os militares crece e, no 1968, o Exército dá un golpe de estado, liderado polo maior Marien Ngouabi, que asume o poder. El mantivo a liña socialista, porén criando o seu propio partido, o "Partido Congolés dos Traballadores" (PCT). No 1970, o país adopta a denominación de República Popular do Congo e consolida seu réxime ligado ao marxismo-leninismo. Neste mesmo ano, o exército esmaga unha tentativa de golpe contra o presidente, liderada polo ex-tenente paracaidista Pierre Xitonga, e executa todos os conspiradores, coa excepción do ex-ministro da Defensa, Augustin Poignet, que consegue fuxir. Aproveitándose desta situación, dá inicio a un expurgo xeral de todos os sospeitosos de seren contrarios ao seu goberno.

O Partido Congolés do Traballo (PCT) permanece como o único legal e, no 1977, o presidente foi asasinado, asumindo o poder unha xunta militar. En 1979 pasa á presidencia o coronel Sassou-Nguesso, que exerce poderes ditatoriais ata 1989, cando o colapso comunista do leste europeo o leva a anunciar reformas políticas e a transición para a economía de mercado. O goberno mantén unha política internacional de neutralidade, relacionándose tanto co capitalismo como co comunismo.

No 1990, o PCT abandona o marxismo-leninismo. No ano seguinte, tropas cubanas estacionadas no país desde 1977, deixan o Congo. No 1992 é votada a nova Constitución, onde está previsto un sistema político multipartidista.

Política

Artigo principal: Política do Congo.

Subdivisións

Artigo principal: Subdivisións do Congo.


O Congo dividese en dez rexións (en Francia réxions) e unha comuna:

Brazzaville, a capital do país, é unha comuna.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía do Congo.

Localizado no centro-oeste da África, cunha pequena porción de costa no Océano Atlántico e cortado pola liña do Ecuador, o Congo ten clima quente e húmido. Preto de 55% do territorio é cuberto por florestas tropicais.

Economía

Artigo principal: Economía do Congo.

Demografía

Artigo principal: Demografía do Congo.

Cultura

Artigo principal: Cultura do Congo.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas