Cabinda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A provincia de Cabinda
(en verde claro)
Bandeira non oficial da República de Cabinda

Cabinda é unha provincia de Angola. Constitúe un enclave limitado a norte pola República do Congo, a leste e a sur pola República Democrática do Congo e a oeste polo Océano Atlántico. Capital: Cabinda. Está constituída polos municipios de Belize, Buco-Zau, Cabinda e Landana.

Cabinda, tamén coñecida como o Congo Portugués, foi a parcela do antigo Reino do Kongo atribuída a Portugal na Conferencia de Berlín, 1885, onde simultaneamente naceron o Congo Belga (Ex Zaire e actual República Democrática do Congo) e o Congo Francés (Actual República do Congo Brazzaville). Nas vésperas da Conferencia de Berlín, os príncipes e os notábeis de Cabinda asinan o Tratado de Simulambuco con Portugal onde colocaron o territorio de Cabinda baixo protectorado luso. En 1974, despois da Revolución do 25 de abril en Portugal, varios intereses políticos levan Cabinda a se integrar en Angola, coa cal non ten fronteiras comúns. Logo, despois da independencia de Angola (1975), a Fronte de Liberación do Enclave de Cabinda, que reclama o dereito á independencia do enclave, emprende unha guerra contra a presenza angolana que perdura ata os días de hoxe. Rico en petróleo, de Cabinda extraese preto do 70 % do petróleo exportado por Angola que representa mais do 80% das exportacións angolanas. Cabinda tornou así no palco de múltiplos intereses internacionais, e consecuentemente nun territorio que ten sido branco de constantes violacións dos Dereitos Humanos.