Xunta militar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha Xunta militar é un goberno formado por altos mandos das Forzas Armadas dun país, normalmente tras a tóma do poder por un putsch ou golpe de Estado. A xunta pode estar directamente a cargo das funcións de goberno ou exercer nominalmente un papel consultivo, delegando o cargo político concreto a un dos seus membros ou outro representante.

A diferenza das ditaduras carismáticas, centradas nun líder fortemente personalizado, as xuntas responden polo xeral a situacións de forte inestabilidade política, onde intereses ideolóxicos levan aos sectores máis conservadores a tomar cartas no asunto directamente; a suposta ameaza comunista motivou nominal ou realmente a multitude de xuntas militares nas décadas de 1950, 1960 e 1970, especialmente en América Latina, África e Asia, aínda que tamén foi común en moitos países europeos.

Exemplos de gobernos de xuntas militares son a ditadura dos Coroneis en Grecia (1967-1973); a Revolución Libertadora entre 1955 e 1958, a Revolución Arxentina entre 1966 e 1973, o Proceso de Reorganización Nacional na Arxentina (1976-1983), ou o Consello Militar Supremo en Nixeria (1983-1999)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]