Thor (deus): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: mk:Тор (митологија)
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: oc:Tòr
Liña 67: Liña 67:
[[nn:Tor]]
[[nn:Tor]]
[[no:Tor]]
[[no:Tor]]
[[oc:Tòr]]
[[os:Тор]]
[[os:Тор]]
[[pl:Thor]]
[[pl:Thor]]

Revisión como estaba o 20 de maio de 2012 ás 21:36

Este artigo trata sobre o deus nórdico da tormenta. Para outros artigos co mesmo nome vexa Thor.
Óleo de Johann Heinrich Füssli.

Thor (nórtico arcaico: Þórr, inglés arcaico: Þunor, alto alemán arcaico: Donar) é un deus de cabelos vermellos e barba, que representa a forza da natureza (trono) na Mitoloxía nórdica e tamén na Mitoloxía xermánica. Capaz de convocar treboadas, é o fillo de Odín -o deus supremo de Asgard- e Jord (Fjorgyn) -a deusa de Midgard (a Terra)-. Durante o Ragnarök, Thor matará e será morto por Jörmungandr, a gran serpe de Midgard.

El era grande aínda para ser un deus e extremadamente forte. Thor gustaba das disputas de poder e era o principal campión dos deuses contra os seus inimigos, os xigantes de xeo. A arma de Thor era un martelo de guerra máxico, chamado Mjolnir (que lanzaba raios de luz) cunha enorme cabeza e un mango curto e que nunca erraba o golpe e sempre retornaba ás súas mans. Tamén se servía dunhas luvas de ferro máxicas para suxeitar o mango do martelo branco e o cinto Megingjard que dobraba a súa forza, fóra da guerra axudaba os labregos co seu martelo e viaxaba nunha carroza tirada por carneiros. Tamén protexía os recén casados e daba fertilidade.

A súa esposa era Sif, a deusa da colleita, con quen tivo a filla Thrud; e da súa unión coa xiganta Jarnsaxa tivo os fillos Magni e Modi. Os antigos escritores (Saxo, Adam de Bremen, Aelfric, Snorri) identificaron a Thor coma o deus Greco-Romano Xúpiter porque ambos son fillos da Nai-Terra, comandante das choivas, dos raios e tronos, son protectores do mundo e da comunidade, cuxo símbolo era o carballo, representando ao tronco da familia. Os animais de ambos os deuses eran o carneiro, o bode e a aguia. Thor era sempre presentado co seu martelo e Xúpiter co seu cetro. Thor matou a serpente Jormungand e Xúpiter o dragón Tifon.

A Thor gustáballe a compañía de Loki, a pesar do seu talento de embusteiro para colocar a ambos en situacións difíciles. As historias das súas aventuras están entre as máis ricas da mitoloxía nórdica. No panteón nórdico, Thor era o destrutor do mal e o segundo maior expoñente dos deuses Aesir.

No Ragnarok, a tarefa de Thor era matar a cruel Jörmungandr ou Serpe Midgard (unha serpe que envolve a Terra), filla de Loki, mais el morrerá tamén no combate, debido ao veleno do seu inimigo.

Thor era un deus extremadamente popular, aparece citado frecuentemente en inscricións rúnicas e aparece nos himnos de louvanza dos poetas islandeses.

Os anglo-saxóns deron o nome de Thor ao quinto día da semana, Thursday ou sexa "Thor's day" (o día de Thor), xoves en inglés).

Modelo:Link FA