Trono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O trono é o ruído que fan os raios cando atravesan o ar. A luz chámase lóstrego.

Durante unha treboada xéranse descargas eléctricas para equilibrar a diferenza de potencial entre a parte superior da nube (cargas positivas), a base da nube (cargas negativas) e o solo (carga positiva). A atmosfera funciona como illante entre a nube e o solo. Cando a enerxía envolvida nunha tormenta supera a resistencia do ar, xérase unha descarga entre os polos de carga oposta. Esta descarga caracterízase por un raio con temperaturas elevadas que aquecen o ar ó seu paso. O rápido aumento da presión e temperatura fan expandir violentamente o ar envolvente ao raio a velocidades superiores ás do son, xerándose unha onda de choque. O ribombar posterior a un trono débese ao eco da onda de choque nas altas capas da atmosfera e na xeografía envolvente.

Nas proximidades do punto de contacto do raio co chan rexístrase un nivel sonoro de 120 dB. A proximidade do trono pode producir xordeira temporal e até mesmo rotura da membrana do tímpano e, consecuentemente, xordeira permanente.