Asociación de actores e actrices de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Asociación de actores e actrices de Galicia (AAAG), creada en 1985, é unha entidade autónoma sen ánimo de lucro do ámbito das artes escénicas. Ten un perfil sindical, xa que os seus membros son todo tipo de profesionais do mundo da escena e funciona como defensora dos seus intereses e dunhas condicións dignas de traballo. No ano 2018 contaba con arredor de 300 asociados[1] e a súa sede está situada en Santiago de Compostela.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

Os obxectivos da AAAG son o de articular, desenvolver e promocionar o sector do teatro en Galicia, en especial a través da elevación técnica e a mellora laboral dos seus profesionais, acorde coas máis modernas políticas culturais.

O colectivo asume tamén o obxectivo de fomentar a demanda cultural e a captación de público.[2]

Xunta directiva[editar | editar a fonte]

A Asociación está representada por unha xunta directiva elixida por votación entre os socios reunidos en Asemblea, por un período de dous anos.

En maio de 2012 era a seguinte:

Neste cadro directivo, como pode observarse, non figura o nome do Presidente, que era Antonio Durán "Morris".[4]

No ano 2015 a directiva estaba conformada deste xeito[5]:

Actividades[editar | editar a fonte]

  • Agrupar aos actores e ás actrices e aos directores e ás directoras do teatro e do audiovisual para a defensa dos seus intereses profesionais.
  • Asesorar aos seus asociados de todas aquelas cuestións de traballo, fiscalidade, sobre a propia imaxe ou calquera outra cuestión relacionada coa profesión, e xestionar no seu caso, mediante as accións xurídicas necesarias, os problemas que puidera xurdir.
  • Promover medios e iniciativas que faciliten a captación de traballo para os asociados.
  • Organizar ciclos de lecturas dramatizadas.
  • Organizar os Premios de Teatro María Casares.
  • Organizar obradoiros de formación.
  • Organizar as Xornadas de Teatro e as Xornadas do Audiovisual.
  • Edición da revista Escaramuza.[6]

Premios María Casares[editar | editar a fonte]

A asociación creou en 1997 os Premios María Casares de teatro, de periodicidade anual, co fin de servir de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola profesión teatral galega, enchendo un oco baleiro até o momento.

Os galardóns constan de trece categorías ou apartados representativos do traballo realizado, tanto diante como detrás do pano, ademais do Premio de Honra Marisa Soto, que recoñece a traxectoria dun profesional, que que é outorgado pola a Xunta Directiva da AAAG.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. AAAG
  2. 2,0 2,1 Santiago y comarca, 23 de febreiro de 2012
  3. AAAG. Xunta Directiva
  4. "Entre a débeda de Agadic, os recortes e a falta de perspectivas de traballo, o que nos queda é marchar para a casa. É totalmente imposible manter o circuíto de consumo teatral actual. Estamos chegando ao final dunha etapa de 30 anos de teatro". Así de contundente se amosa, na súa análise da situación actual das artes escénicas en Galicia, o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, (AAAG), Antonio Durán "Morris". Praza Pública, mércores 22 de febreiro de 2012.
  5. Asociación de actores e actrices de Galicia. "Xunta Directiva". Consultado o 8-3-2015. 
  6. Revista Escaramuza.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]