Fernando Arrabal
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2022) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2022.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Fernando Arrabal Terán 11 de agosto de 1932 (92 anos) Melilla (Segunda República Española) |
Residencia | París |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | guionista, poeta, novelista, escritor, dramaturgo, director de cinema, actor, pintor |
Período de actividade | 1952 - |
Empregador | L'Express (en) |
Membro de | |
Xénero artístico | Dramaturxia |
Participou en | |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | arrabal.org |
|
Fernando Arrabal, nado en Melilla o 11 de agosto de 1932, é un escritor e autor teatral español ligado a Francia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De neno sufriu a misteriosa desaparición do seu pai, condenado a morte e despois fuxido. A causa deste trauma, como escribiu Vicente Aleixandre, o coñecemento que achega Arrabal está tinguido dunha luz moral que está na materia mesma da súa arte. Aprendeu a ler e escribir en Ciudad Rodrigo (Salamanca). Ós dez anos recibiu o premio nacional de “superdotados”, e fixo os seus estudos universitarios en Madrid. Vive en Francia desde 1955. Con Alejandro Jodorowsky e Roland Topor fundou en 1963 o Grupo Pánico. É Trascendent Satrape (Pataphysique) do College de Pataphysique desde 1990.
Ten dirixido sete longametraxes, publicou catorce novelas, libros de poesías, varios ensaios e a súa famosa Carta al general Franco en vida do ditador. O seu teatro completo, editado en diferentes linguas, foi publicado en dous volumes de máis de dúas mil páxinas na Colección Clásicos de Espasa.
Premios
[editar | editar a fonte]Malia ser un dos escritores máis controvertidos do seu tempo,[Cómpre referencia] recibiu o aplauso internacional pola súa obra (Gran Premio de teatro da Academia Francesa, o Premio Nabokov de novela, o Espasa de Ensaio, o World Theater etc.) O Colexio de Patafísica distinguiuno co título de "Trascendente Sátrapa" (equivalente do Nobel para este Colexio). Foi finalista do Premio Cervantes 2001 co apoio de Camilo José Cela. O 14 de xullo de 2005 concedéronlle a Légion d`honneur.
Obras
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Baal Babilonia (Julliard, 1959)
- El entierro de la sardina (Julliard, 1960)
- Fêtes et rites de la confusion (Arrabal celebrando la ceremonia de la confusión; Losfeld, 1960)
- La piedra iluminada (La Reverdie) (Christian Bourgois, 1971)
- La torre herida por el rayo (Destino, 1983; ISBN 9788423312405)
- La virgen roja (Seix Barral, 1987; ISBN 9788432205644)
- La hija de King Kong (Seix Barral, 1988; ISBN 9788432205941)
- La extravagante cruzada de un castrado enamorado (Seix Barral, 1990; ISBN 9788432206160)
- La matarife en el invernadero (La tueuse du jardin d'hiver); prólogo de Milan Kundera (Libros del innombrable, 1993; ISBN 978-84-95399-51-9)
- El Mono (Planeta, 1994; ISBN 9788408011279)
- Levitación (Le funambule de Dieu) (Seix Barral, 1997)
- Ceremonia por un teniente abandonado (Espasa, 1998; ISBN 8423979326)
- Champagne pour tous (Libros del innombrable, 2002; ISBN 978-2234055155)
- Como un paraíso de locos (Bruguera, 2008; ISBN 978-8402420343)
- El circunspecto (Reino de Cordelia, 2016; ISBN 978-8415973768)
Coas súas novelas gañou o Premio Nadal e o Nabokov Internacional.
Obra poética
[editar | editar a fonte]Varios libros, algúns ilustrados por Pablo Picasso, Salvador Dalí, René Magritte etc., entre os que destacan:
- Mis humildes paraísos
- La piedra de la locura
Obra dramática
[editar | editar a fonte]Unha centena de obras de teatro publicadas en dezanove volumes:
- El triciclo (1953)
- Fando et Lis (1955)
- Guernica (1959)
- La Bicicleta del condenado (1959)
- El Gran Ceremonial (1963)
- El arquitecto y el emperador de Asiria (1966)
- El Jardín de las delicias (1967)
- El laberinto (1967)
- Bestialidad erótica (1968)
- El Cielo y la Mierda (1972)
- El cementerio de automóviles (1959)
- Jóvenes bárbaros de hoy
- ...Y pusieron esposas a las flores
- La tour de Babel
- Inquisición
- Carta de amor (como un suplicio chino)
- La noche también es un sol
- Jóvenes bárbaros de hoy
- Delicias de la carne
Unha das súas obras dramáticas máis importantes é El arquitecto y el emperador de Asiria , unha obra pánica, escrita na segunda etapa da súa vida dramática.
Obra cinematográfica
[editar | editar a fonte]Fernando Arrabal realizou sete longametraxes como director:
- Viva la muerte
- Iré como un caballo loco
- El árbol de Guernica
- La Odisea del Pacífico
- Cementerio de automóviles
- ¡Adiós Babilonia!
- Borges: una vita di poesía
Ensaios
[editar | editar a fonte]- La dudosa luz del día
- El Greco
- Bobby Fischer: el rey maldito
- Carta al Gral. Franco
- 1984: Carta a Fidel Castro
- Carta a Stalin
- Un esclavo llamado Cervantes
- Goya-Dalí
- Echecs et mythes
- Fêtes et défaites sur l'échiquier
- Les échecs féériques et libertaires
- Le frénétique du spasme (1991)
- Houellebecq!
En lingua galega
[editar | editar a fonte]Os libros de Fernando Arrabal non foron aínda traducidos ao galego. Porén, si que foron representadas as súas obras:
- Fando e Lis: Sarabela Teatro (1980), Talía Teatro (1995)
- O triciclo: Sarabela Teatro (1985).
Fernando Arrabal escribe desde hai trinta anos[cando?] a crónica do xadrez de L´Express; tódolos domingos os seus arrabalescos en El Mundo; a miúdo a tercera do ABC e de cando en vez unha opinión en El País.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando Arrabal |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- arrabal.org Arquivado 02 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.