Juan Pinzás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan Pinzás
Nacemento26 de novembro de 1955
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de cine
editar datos en Wikidata ]

Juan Pinzás Cerqueira, nado en Vigo o 26 de novembro de 1955[1] é un guionista, produtor e director de cinema galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Instituto de Estudos Electrónicos de Vigo para logo marchar a Madrid, onde rodou filmes en Super 8. O cineasta Ismael González Díaz contratouno como actor e axudante de dirección, co que conseguiu produción para a curtametraxe Opus I Homo Hominis. En 1982 fundou xunto á súa esposa Pilar Sueiro a produtora cinematográficas PS Films (Pilar Sueiro Films), así como Atlántico Films en 1984.[2]

En 1986 conseguiu dirixir a súa primeira longametraxe, La gran comedia, con Rosalía Dans, José Luis López Vázquez e Luis Escobar. Tardaría cinco anos en poder realizar o seu segundo filme.[2]

En 2000 converteuse no único director español que se adheriu aos postulados artísticos do Dogma 95 cos que rodou unha triloxía de filmes iniciada con Era outra vez.[2]

É o pai do compositor de bandas sonoras Juan Manuel Sueiro.[1]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

En Super 8 (1977-1980)[editar | editar a fonte]

  • Mónica
  • Aconteceu en Galicia
  • O derradeiro Fiana
  • Amanece en Vigo
  • Reflexión
  • Ensueños

En 35 mm[editar | editar a fonte]

  • Opus I Homo Hominis (1981), mención especial no Festival Internacional de Cine Documental e Curtametraxes de Bilbao.
  • Augurio
  • Virginal
  • Vestida de fiesta
  • Una historia gallega
  • El tubo de rayos catódicos
  • Cien puntos para Julián Pintos
  • La tercera mujer
  • Añoranzas
  • Juego decisivo
  • La esfera
  • Gula
  • Mujer, mujer
  • Carmín
  • Hechizo
  • El rito
  • Muñeca de azul
  • Cinefilia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ficha en IMDb.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Cabo Villaverde, José Luis; et al., eds. (2001). Diccionario do cine en Galicia (1896-2000). Xunta de Galicia. pp. 294–295. ISBN 84-453-3152-3. 
  3. Sinopse en Atlántico Films

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Biografía na páxina oficial da produtora Atlántico Films.