Saltar ao contido

A praia dos afogados (filme)

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A praia dos afogados
 Título
La playa de los ahogados Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Temática
 Ambientado en
 Baseado en
Publicación
 Produtor/a
 Recadación
476.667,2 € Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
Datas
 Data de publicación
10 de outubro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración96 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt3721072 Filmaffinity: 718909 Rottentomatoes: m/the_beach_of_the_drowned Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A praia dos afogados é un filme galego de drama e suspense dirixido por Gerardo Herrero e producido por Carlos Rodríguez,[1] adaptación da obra A praia dos afogados de Domingo Villar. Foi estreado o 10 de outubro de 2015 en 110 salas de España, 20 delas en Galicia, nunha versión dobre, en galego e en castelán.[2] Está protagonizado por Carmelo Gómez, que interpreta o detective Leo Caldas, Pedro Alonso no papel de Valverde, e Luis Zahera como Arias. A rodaxe fíxose en Nigrán e Vigo, con exteriores na praia da Madorra, Panxón e o casco urbano da cidade olívica.[3]

Praia da Madorra, un dos escenarios do filme.

Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a costa. Se non tivese as mans atadas ás costas, Xusto Castelo sería outro dos fillos do mar que atopou a morte entre as augas mentres faenaba. Sen testemuñas nin pistas da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergullarase no ambiente mariñeiro da vila, tratando de poñer en claro o crime.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Mato, Mar (12 de xaneiro de 2014). "El rodaje de ´La playa de los ahogados´ comienza este año". Consultado o 22 de novembro de 2014. 
  2. C, R (9 de outubro de 2015). ""O que me interesaba da obra de Villar eran os personaxes e a trama”". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 10 de outubro de 2015. 
  3. "Arrinca en Nigrán a rodaxe de «A praia dos afogados»". 5 de maio de 2014. Consultado o 22 de novembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]