Migas de pan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Migas de pan
Ficha técnica
Título orixinalMigas de pan
DirectorManane Rodríguez
ProdutorChelo Loureiro
GuiónManane Rodríguez
Xavier Bermúdez
IntérpretesCecilia Roth
Justina Bustos
María Pujalte
Margarita Musto
Stefanía Crocce
Sonia Méndez
Nuria Fló
Patxi Bisquert
Sergio Quintana
Ernesto Chao
María Vidal
Artur Trillo
FotografíaDiego Romero Suárez-Llanos
MontaxeSandra Sánchez
EstudioXamalú Filmes
RCI Producciones
Estrea14 de agosto de 2016
Duración109 minutos
OrixeGalicia Galicia
Flag of Uruguay.svg Uruguai
XéneroDrama
Recadación18.341,39 € [1]

Migas de pan é un filme uruguaio-galego de 2016 dirixido por Manane Rodríguez. Está protagonizado por Cecilia Roth e Justina Bustos.[2] Foi escollido como candidato do Uruguai para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3]

Na 15ª edición dos Premios Mestre Mateo, o filme foi nomeado en tres categorías, mellor filme, mellor guión e mellor maquillaxe e peiteado, mais finalmente non conseguiu ningún dos galardóns.

Argumento[editar | editar a fonte]

A moza Liliana Pereira (Justina Bustos), en Montevideo, universitaria e nai dun bebé, participa nas loitas estudiantís contra a ditadura cívico-militar no su país. Xunto a outras mulleres, é secuestrada, encerrada e torturada, e desposuída da patria potestade do seu fillo. O apoio mutuo coas súas compañeiras de reclusión fortalécea e acompáñaa. Tras anos de exilio en España, e ó decatarse de que será avoa, Liliana Pereira (Cecilia Roth) decide volver ó Uruguai para participar coas súas excompañeiras na denuncia do inferno sufrido na súa mocidade e para recuperar os vínculos sentimentais co seu fillo.

Elenco[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Receptor Resultado
15ª edición Mellor filme Manane Rodríguez Nomeado
Mellor guión Manane Rodríguez, Xavier Bermúdez Nomeados
Mellor maquillaxe e peiteado Susana Veira, Yolanda Sousa, Mariana Correa, Sandra Ramos, María Laura Rebora Nomeadas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Migas de pan". Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  2. mehrnews (ed.). "‘Parting’ to represent Iran at Busan filmfest.". Consultado o 9 de setembro de 2016. 
  3. European Women's Audiovisual Network, ed. (9 de setembro de 2016). ""Breadcrumbs", Spanish-Uruguayan film produced by EWA members, preselected for the Oscars". Consultado o 17 de setembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]