Saltar ao contido

Aquí no hay quien viva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí no hay quien viva
 Título
Aquí no hay quien viva Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Lingua
 Cor
 Formato de imaxe
 Composto por
Autoría
 Creador/a
Temática
 Ambientado en
 Baseado en
Publicación
 Produtor/a executivo
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
7 de setembro de 2003 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
6 de xullo de 2007 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Sucedido por
Dimensión
Número de episodios90 Editar o valor en Wikidata
Número de tempadas5 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/06fxh5 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt0381733 Filmaffinity: 393232 Allocine: 5500 Netlix: 81439208 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Aquí no hay quien viva é unha serie de televisión española de ficción baseada no humor, emitida en Antena 3 desde o 7 de setembro de 2003 ata o 6 de xullo de 2006.

Narra a vida dunha peculiar comunidade de veciños de «Desengaño 21»: tres pisos, dúas casas por piso, unha portería e un local contiguo. A serie foi creada por Alberto e Laura, sobriños de José Luis Rodríguez Moreno, produtor da serie.

A serie estivo en prime time durante cinco tempadas na cadea de televisión Antena 3. Despediuse definitivamente nesta cadea en xullo de 2006, tras 90 capítulos, como unha das series máis exitosas da historia, chegando a obtenir o 40% de cota de pantalla e como a serie máis vista da década.[1] Actualmente emítese en Telecinco La que se avecina, a súa adaptación, con gran parte do equipo de actores, guionistas, produtores e técnicos de Aquí no hay quien viva.

Características

[editar | editar a fonte]

Foi creada por Alberto e Laura, sobriños de José Luis Rodríguez Moreno, produtor da serie. Ademais foi producida pola produtora deste, Miramón Mendi. Algúns viron similitudes do argumento con 13, Rue do Percebe, tira cómica creada por Francisco Ibáñez.[2]

A súa banda sonora foi composta e interpretada a cappella polo grupo Vocal Factory. A serie despediuse definitivamente da súa audiencia en xullo de 2006 trala emisión de 90 capítulos.

Elenco de actores

[editar | editar a fonte]

Capítulos e audiencias

[editar | editar a fonte]
Tempada Capítulos Estrea Final Audiencia media
Espectadores Share
1 17 7 de setembro de 2003 31 de decembro de 2003 5 354 000 32,2%
2 14 24 de marzo de 2004 30 de xuño de 2004 5 899 000 31,6%
3 33 6 de outubro de 2004 29 de xuño de 2005 6 892 000 37,1%
4 14 9 de novembro de 2005 22 de febreiro de 2006 6 389 000 35,2%
5 13 6 de abril de 2006 6 de xullo de 2006 5 000 000 31,9%
Total 90 2003 2006 5 907 000 33,6%
     Programa líder na súa franxa horaria.
     Máximo histórico de audiencia.

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • Premio ATV á mellor interpretación feminina para Mariví Bilbao.
  • TP de Ouro á mellor serie nacional.
  • Premio da Unión de Actores á mellor actriz secundaria de televisión para Isabel Ordaz.
    • Nomeamento ao Premio da Unión de Actores ao mellor actor protagonista para José Luis Gil.
  • Premio Gayo ao mellor actor de televisión para Luis Merlo.
    • Nomeamento ao Premio Gayo á mellor serie de televisión.
  • Premio da Unión de Actores ao mellor actor protagonista de televisión para José Luis Gil.
  • Premios Gayo
    • Nomeamento ao Premio Gayo á mellor serie de televisión.
    • Nomeamento ao Premio Gayo ao mellor actor de televisión para Luis Merlo.
    • Nomeamento ao Premio Gayo á mellor actriz de televisión para Eva Isanta.
  1. Ramiro Vera (27 de decembro de 2010). "Fútbol e 'realities', o máis visto da década". Público. Consultado o 29 de decembro de 2010. 
  2. 20 Minutos ABC El Mundo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]