Centro Dramático Galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Piragua (2007) de Cándido Pazó, unha representación do Centro Dramático Galego.

O Centro Dramático Galego (CDG) é a unidade da Axencia Galega das Industrias Culturais que ten por obxectivo producir e distribuír espectáculos teatrais en lingua galega, coa pretensión de normalizar a lingua no ámbito do teatro. Dende xaneiro de 2020 está dirixido por Fran Núñez.[1]

Adscrito á Xunta de Galicia, a súa actividade dá comezo en 1984, data desde a que se estrearon un total de 68 producións e coproducións, o que supón unha media de tres anuais.

Publicacions do CDG.[editar | editar a fonte]

Entre os anos 1992 e 2005 o IGAEM publicou unha colección de libros chamada "Colección CDG (1992-2005)" conmemorativos de moitas das obras postas en escena polo CDG durante estes anos. En cada un destes libros podemos atopar un limiar escrito polo director, o reparto (equipo artístico, equipo técnico e elenco de actores e actrices), a montaxe, a escenografía, signos icónicos no vestiario e no atrezzo , contexto, bibliografía, o texto da representación e, para rematar, unha ducia de fotografías dos ensaios xerais.

Outras coleccións de libros do CDG, ademais da Colección CDG (1992-2005) son a Colección Escena Aberta, a colección Os Libros do CDG e as Publicacións Didácticas CDG. Estes libros son publicados a partir do 2008 pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) a cal xurdiu en 2008 a partir da transformación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM).


Colección CDG (1992-2005)[editar | editar a fonte]

Nº35. Seis personaxes á procura de autor

Autor/es: Luigi Pirandello

Dirección escénica: Xúlio Lago - 2005


Nº34. Ricardo III

Autor/es: William Shakespeare

Dirección escénica: Manuel Guede Oliva – 2005


Nº33. As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

Autor/es: Carlos Casares

Dirección escénica e versión: José Caldas - 2004


Nº32. O ano do cometa

Autor/es: Álvaro Cunqueiro

Dirección escénica: Quico Cadaval - 2004


Nº31. A comedia do gurgullo

Autor/es: Plauto

Dirección escénica: Celso Parada - 2003


Nº30. Daquel abrente

Laudamuco, señor de ningures, de Roberto Vidal Bolaño

O velorio, de Francisco Taxes

Dirección escénica: Antonio Simón - 2003


Nº29. O colaborador

Autor/es: Friedrich Dürrenmatt

Dirección escénica e versión: Manuel Guede Oliva - 2002


Nº28. Os espectros

Autor/es: Henrik Ibsen

Dirección escénica: Rui Madeira

Versión ao galego: Manuel Guede Oliva - 2002


Nº27. Rosalía

Autor/es: Ramón Otero Pedrayo

Dirección escénica: Roberto Vidal Bolaño - 2001


Nº26. Mar revolto

Autor/es: Roberto Vidal Bolaño

Dirección escénica e versión portuguesa: José Martins

Roberto Vidal Bolaño - 2001


Nº25. A cacatúa verde

Autor/es: Arthur Schnitzler

Dirección escénica: Eduardo Alonso - 2001

Versión: Manuel Guede Oliva e Eduardo Alonso


Nº24. Calígula

Autor/es: Albert Camus

Adaptación, dramaturxia e dirección: Manuel Guede Oliva - 2000


Nº23. A burla do galo

Autor/es: Roberto Vidal Bolaño

Dirección escénica: Xan Cejudo - 2000


Nº22. Os vellos non deben de namorarse

Autor/es: Alfonso Rodríguez Castelao

Dirección: Manuel Areoso - 2000


Nº21. Si o vello Sinbad volvese ás illas

Autor/es: Álvaro Cunqueiro

Dirección escénica: Fabio Mangolini – 1999


Nº20. Xelmírez ou a gloria de Compostela

Autor/es: Daniel Cortezón

Dirección e dramaturxia: Roberto Vidal Bolaño - 1999


Nº19. Eu estaba na casa e agardaba que viñese a chuvia

Autor/es: Jean-Luc Lagarce

Dirección escénica: José Martins - 1999

Dramaturxia: Alexandra Moreira da Silva

Tradución: Iolanda Ogando, Noemí Pazó, Dolores Vilavedra


Nº18. Lugar

Autor/es: Raúl Dans

Dirección: Antonio F. Simón - 1999


Nº17. Valle-Inclán 98

Las galas del difunto (Dirección: Xosé Martins. Dramaturxia: Alexandra Moreira da Silva)

La cabeza del Bautista (Dirección: Helena Pimenta)

Ligazón (Dirección: Manuel Guede Oliva)

El embrujado (Dirección: Eduardo Alonso) - 1998


Nº16. Memoria de Antígona

Autor/es: Quico Cadaval, Xavier Lama

Dirección e dramaturxia: Guillermo Heras - 1998


Nº15. O bufón de El Rei

Autor/es: Vicente Risco

Dirección e dramaturxia: Manuel Guede Oliva - 1997


Nº14. O peregrino errante que cansou ó demo

Autor/es: Xavier Lama

Dirección e dramaturxia: Andrés Pazos - 1997


Nº13. Lisístrata ou de cando as mulleres reviraron

Autor/es: Aristófanes

Dirección: Eduardo Alonso - 1997

Versión: Eduardo Alonso, Manuel Guede Oliva


Nº12. Como en Irlanda

Nouturnio de medo e morte, de Antón Vilar Ponte

Xinetes para o mar, de John Millington Synge

Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval - 1996


Nº11. Hostia

Autor/es: Armando Cotarelo Valledor

O canto de Vilavella, de Manuel Lourenzo

Dirección e dramaturxia: Manuel Lourenzo – 1996


Nº10. Nau de Amores

Autor/es: Gil Vicente

Dirección, dramaturxia e versión: Cándido Pazó - 1995


Nº9. Viaxe e fin de don Frontán

Autor/es: Rafael Dieste

Dirección escénica: Antonio Simón - 1995

Tradución: Manuel Guede Oliva


Nº8. Nin me abandonarás nunca

Autor/es: José G. Posada Curros, Luís de Gálvez

Dirección escénica: Manuel Guede Oliva - 1995

Versión: Xosé Luís Méndez Ferrín


Nº7. O mariscal

Autor/es: Ramón Cabanillas, Antón Vilar Ponte

Dirección escénica: Marcelino de Santiago "Kukas" - 1994

Adaptación e dramaturxia: Isabel Rey Pousada, Marcelino de Santiago "Kukas", Xan Cejudo


Nº6. A fiestra valdeira

Autor/es: Rafael Dieste

Dirección e dramaturxia: Xulio Lago Alonso - 1994


Nº5. Leoncio e Helena

Autor/es: George Büchner

Dirección escénica: Ánxeles Cuña Bóveda - 1993

Adaptación: Begoña Muñoz Saa


Nº4. A lagarada

Autor/es: Ramón Otero Pedrayo

Dirección escénica: Pere Planella - 1993

Dramaturxia: Camilo Valdehorras


Nº3. Un refaixo para Celestina

Autor/es: Eduardo Blanco Amor

Dirección, adaptación e dramaturxia: Antonio Francisco Simón - 1993


Nº2. Historia do soldado

Autor/es: Stravinsky e Ramuz

Dirección e versión: Manuel Guede Oliva - 1993

Dirección musical: Joám Trillo


Nº1. Un soño de verán

Autor/es: William Shakespeare

Dirección escénica: Eduardo Alonso - 1992

Versión: Eduardo Alonso, Manuel Guede Oliva

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre teatro é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.