Epimeteo (mitoloxía)
Na mitoloxía grega Epimeteo (en grego antigo Ἐπιμηθεύς Epimêtheús, ‘que reflexiona máis tarde’, "retrospectiva", literalmente "pensamento-tardío,") era irmán de Prometeo ("previsión", literalmente "pensamento-adiante"), xa que a diferenza de Prometeo (quen podía ver o futuro), este vía con atraso cousas do pasado. Ambos actuaban como representantes da humanidade[1] pero mentres que Prometeo se caracteriza por ser enxeñoso e intelixente, Epimeteo represéntase como bobo. Era fillo do titán Xapeto e da oceánide Clímene. Outros irmáns seus son Atlas e Menecio. Unido a Pandora, tivo unha filla, Pirra a loira, que unida a Deucalión (fillo de Prometeo) foron os pais do xénero humano tras o diluvio.
Mitoloxía grega
[editar | editar a fonte]Segundo o uso do vello mito por parte de Platón no seu Protágoras (320d-322a), os dous titáns encargáronse da difusión dos trazos entre os animais de recente creación; Epimeteo era o responsable de darlle unha característica positiva a todos os animais, pero cando foi o momento de darlle ao home un trazo positivo, por falta de previsión encontrouse con que non quedaba nada. Prometeo decidiu que os atributos da humanidade serían as artes civilizadas e o fogo, que roubou do carro de sol Apolo. Prometeo máis tarde foi sometido a xuízo polo seu crime. No contexto do diálogo de Platón "Epimeteo, o ser no que os pensamentos seguen á produción, representa a natureza no sentido do materialismo, de acordo con que o pensamento vén despois que os corpos sen pensamentos e os seus movementos irreflexivos".[2]
Segundo Hesíodo, quen relatou a historia dúas veces (Teogonía , 527ff; Os traballos e os días, 57ff), Epimeteo foi quen aceptou o regalo de Pandora dos deuses. O seu matrimonio pode deducirse (e así foi feito por autores posteriores), pero non se fai explícito en ningún texto.
Nos mitos posteriores, a filla de Epimeteo e Pandora foi Pirra, que casou con Deucalión, e foi unha dos dous que sobreviviron o diluvio .
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kerényi, 1951, páx. 207),
- ↑ Leo Strauss, Natural Right and History, páx. 117. (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Epimeteo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Protágoras, diálogo de Platón.
- Kerenyi, Karl, 1951. The Gods of the Greeks, pp 209ff.
- Graves, Robert, (1955) 1960, The Greek Myths, 39.a-j.
- Amis, Les, 2009. Commemorating Epimetheus.