Antonio Ramírez de Haro
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XV Villaescusa de Haro (Coroa de Castela) |
| Morte | 16 de setembro de 1549 Burgos, España |
| Lugar de sepultura | Hospital del Rey (en) |
| Roman Catholic Bishop of Segovia (en) | |
| 6 de agosto de 1543 – ← Diego Ribera de Toledo (pt) Diocese: Diocese de Segóvia (pt) | |
| Roman Catholic Bishop of Calahorra and La Calzada (en) | |
| 27 de xuño de 1541 – ← Alonso de Castilla y Zúniga (en) Diocese: Diocese of Calahorra y La Calzada (en) | |
| Bispo de Cidade Rodrigo | |
| 18 de agosto de 1539 – ← Pedro Pacheco de Villena (pt) Diocese: Diocese de Ciudad Rodrigo (pt) | |
| Bispo de Ourense | |
| 11 de xullo de 1537 – ← Rodrigo Mendoza Manrique (en) Diocese: diocese de Ourense | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade de Salamanca |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1537–), sacerdote católico |
| Consagración | Francesco Mendoza |
| Familia | |
| Parentes | Diego Ramírez de Fuenleal |
Antonio Ramírez de Haro, nado a finais do século XV en Villaescusa de Haro e finado o 16 de setembro de 1549 en Burgos, foi un nobre e bispo castelán que pertenceu ao Consello Real de Carlos I de España. Foi capelán maior da Infanta Leonor de Austria, que despois sería raíña de Portugal e Francia. Tamén ostentou dignidades eclesiásticas de importancia, dirixindo entre outras a diocese de Ourense entre os anos 1537 e 1539.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Salamanca integrado no Colexio Maior de Cuenca, fundado polo seu tío Diego Ramírez de Fuenleal bispo de Astorga, Cuenca e Málaga. Pronto alcanzou os cargos de arcediago de Huete, abade de Santa María de Arbas e capelán maior de Leonor de Austria, por aquel entón infanta de Castela.
O rei Carlos I de España nomeouno inquisidor e comisario apostólico na cidade e Reino de Valencia e no Principado de Cataluña para vixiar a reconversión dos mouriscos. Satisfeito polo seu labor o rei nomeouno Bispo da diocese de Ourense, posto que ostentou ata 1539, cando pasou á de Ciudad Rodrigo, e posteriormente ás de Calahorra e Segovia, posto no que exerceu ata a súa morte en 1549.
| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Rodrigo Mendoza Manrique |
Bispo de Ourense 1537 - 1539 |
Sucesor: Fernando Niño de Guevara |
| Predecesor: Pedro Pacheco Ladrón de Guevara |
Bispo de Ciudad Rodrigo 1939 - 1941 |
Sucesor: Francisco de Navarra y Hualde |
| Predecesor: Alonso de Castilla y Zúñiga |
Bispo de Calahorra 941 - 1943 |
Sucesor: Juan Yanes |
| Predecesor: Diego Ribera de Toledo |
Bispo de Segovia 1943 - 1949 |
Sucesor: Gaspar de Zúñiga y Avellaneda |