Saltar ao contido

Espiñeira, O Irixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espiñeira
Igrexa de San Pedro de Espiñeira.
ConcelloO Irixo[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°33′08″N 8°10′26″O / 42.55224687, -8.17397261
Poboación76 hab. (2017)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Espiñeira é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 94 habitantes, deles 44 eran homes e 50 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial é do século XVIII, con nave dun só corpo e capela maior, á que se accede por arco de medio punto. A sancristía está anexa no lado norte. No retablo maior, neoclásico, hai imaxes barrocas de San Pedro, Santa Lucía, a Virxe do Carme e San Blas. Hai tamén un Cristo crucificado barroco e unha talla popular de Santo Antón de Pádua. No templo gárdase un copón en prata do século XVII, un cáliz de prata do século XVIII e mais unha custodia. A carón do templo hai un cruceiro do século XVIII, con pousa.

Na aldea de Munín hai un cruceiro de finais do século XX.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Espiñeira

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Espiñeira no concello do Irixo (Ourense)

Carballeda | Couso | Espiñeira | O Espiño | Munín | Trabazón

Parroquias do Irixo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Irixo

Campo (Santa María) | Cangues (Santo Estevo) | A Cidá (Santa Mariña) | Corneda (Santiago) | Dadín (San Pedro) | Espiñeira (San Pedro) | Froufe (San Xoán) | Loureiro (Santa Mariña) | Parada de Labiote (San Xulián) | Reádigos (Santa Baia) | O Regueiro (San Pedro) | San Cosmede de Cusanca (San Cosmede)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]