Florencio Cerviño González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Florencio Cerviño González
Nacemento7 de novembro de 1857
 Areas
Falecemento31 de xaneiro de 1941
 Ourense
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico
IrmánsAntonino Cerviño González
editar datos en Wikidata ]

Florencio Cerviño González, nado en Areas (Tui) o 7 de novembro de 1857 e finado en Ourense o 31 de xaneiro de 1941, foi un relixioso galego, bispo da diocese de Ourense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1874 ingresou no seminario de Tui. Fixo os estudos sacerdotais cunha bolsa. Tras recibir o grao de bacharel en Teoloxía en 1883, foi nomeado profesor de filosofía. En 1883 foi nomeado presbítero. Estudou dous anos de canons, e en 1887 foi nomeado capelán do Asilo de Anciáns Desamparados. En 1890 doutorouse en Teoloxía e licenciouse en Canons, e foi nomeado fiscal do tribunal eclesiástico. Posteriormente accedeu mediante oposición á Maxistralía do cabido.

Escribiu poesías, que publicou en El Eco del Miño. Nesa publicación sostivo unha polémica con Indalecio Armesto, a través de once artigos asinados co pseudónimo de Solino Forcey. Na publicación La Integridad publicou en 1901 unha oración fúnebre na memoria de Rosendo Salvado.

O 7 de marzo de 1921 foi nomeado bispo de Ourense polo papa Bieito XV, e foi consagrado na catedral de Tui o 27 de decembro dese ano polo bispo Manuel Lago González.

Foi irmán do tamén relixioso Antonino Cerviño González.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]