Ángel Temiño Sáiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel Temiño Sáiz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1910 Editar o valor em Wikidata
Sarracín, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de setembro de 1991 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Sarracín, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Bispo diocesano
8 de outubro de 1952 – 15 de maio de 1987
← Francisco Blanco NájeraXosé Diéguez Reboredo →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana
Pontificio Instituto Oriental Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1952–), sacerdote católico (1934–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónLuciano Pérez Platero (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2040215

Ángel Temiño Sáiz, nado en Sarracín (Burgos) o 17 de setembro de 1910 e finado no mesmo concello o 20 de setembro de 1991, foi un eclesiástico español, foi bispo de Ourense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do labrego e contratista Eladio Temiño Rebollo e Dolores Sáiz Espiga. Aos dez anos ingresou no Seminario menor de san José (Burgos). Logo de obter os gras de Bacharel, Licenciado e Doutor na Facultade de Filosofía no Seminario Maior (Burgos), que servía de Universidade Pontificia de san Jerónimo, trasladouse a Roma, onde se licenciou en Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana (1934). Ese ano recibiu o subdiaconado (15 de xullo), diaconado (22 de xuño) e presbiterado (29 de xullo), na igrexa do Gesù.

O 4 de xullo de 1935 doutorouse en Teoloxía cunha tese sobre o teólogo Bartolomé Torres. O 29 de maio de 1937 conseguiu a licenciatura en Ciencias Eclesiásticas Orientais, logo de estudar os cursos 1935/36 e 1936/37 no Pontificio Instituto Oriental (Roma).[1]

Actividade sacerdotal[editar | editar a fonte]

O 4 de xuño de 1937 regresou a España, en plena Guerra Civil. Foi destinado á fronte, con vinte e seis anos, como capelán do Corpo de Exército de Galicia, co grao de alférez. Ao rematar a guerra foi nomeado capelán auxiliar dos Establecementos Provinciais de Beneficencia e consiliario dos Mozos de Acción Católica, e delegado de Educación Popular (1945-1951). Dende 1940 impartiu clases de: Latín, Psicoloxía experimental, Historia natural, Historia da Filosofía, Hebreo, Teoloxía Dogmática e Estudos Orientais no seminario metropolitano de san Jerónimo (Burgos).

O 24 de maio de 1947 tomou posesión como cóengo da catedral de Burgos. Foi capelán do Hospital provincial.

Bispo de Ourense[editar | editar a fonte]

Placa na igrexa de Casas dos Montes (A Granxa, Oímbra).

O papa Pío XII nomeouno bispo de Orense en 1952. A súa consagración episcopal tivo lugar na catedral de Burgos o 30 de novembro de 1952 nun acto presidido polo arcebispo de Burgos, Luciano Pérez Platero. A súa toma de posesión foi por medio de apoderado, o deán Manuel Gil Atrio, o 29 de xaneiro de 1953. O 1 de febreiro dese ano fixo entrada pública na Diocese, procedente de Santiago de Compostela. Permaneceu na sede auriense durante 34 anos, ata o 21 de maio de 1987. Destacou como teólogo dentro das correntes da teoloxía tradicional, e sobre todo da sacramentoloxía, publicando algúns traballos na Revista Española de Teología y Estudios Bíblicos. Considerado como nacional-católico e contrario ao espírito do Concilio Vaticano II, foi considerado como un bispo autoritario.[2] Foi prolífico en escritos pastorais que apareceron no Boletín Oficial del Obispado.

Falecemento[editar | editar a fonte]

Faleceu en Sarracín, a localidade na que nacera 81 anos antes, vítima do cancro. O seu cadáver foi trasladado a Ourense, onde foi soterrado.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Bartolomé Torres, Teólogo, (tese doutoral) Burgos, 1941.
  • La causalidad de los Sacramentos y el Cuerpo místico: discurso inaugural del curso académico 1945-1946, Burgos, Seminario, 1945.
  • La mediación de María, Ourense, Imprenta Hodire, 1964.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernández Otero, José Carlos (2017). Ángel Temiño Sainz, Obispo de Ourense (1952-1987). 
  2. Enrique Bande en La diócesis de Ourense di del: «Agarrado siempre al nacionalismo sindicalista con la mentalidad de cruzada y autoritario, se mostró incapaz de comprender la mentalidad gallega y ourensana»; «un obispo que vivió siempre al margen de los pobres, cercano a los privilegiados de la fortuna, de la cultura y del poder. Nunca tuvo en cuenta al clero joven en su modo de actuar autoritario».

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Francisco Blanco Nájera
 
Bispo de Ourense
 
1952 - 1987
Sucesor:
Xosé Diéguez Reboredo