Eustaquio Ilundáin
Eustaquio Ilundáin | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Eustaquio Ilundain y Esteban |
Nacemento | 20 de setembro de 1862 |
Pamplona | |
Falecemento | 10 de agosto de 1937 |
Sevilla | |
Soterrado | Iglesia Catedral de Santa María |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | sacerdote católico e político |
Premios | Gran Cruz da Orde Civil de Beneficencia e Colar da Ordem de Isabel a Católica |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eustaquio Ilundáin y Esteban, nado en Pamplona o 20 de setembro de 1862[1] e falecido en Sevilla o 10 de agosto de 1937,[2] foi bispo de Ourense entre os anos 1904 e 1920 e posteriormente arcebispo de Sevilla ata a súa morte.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Recibiu formación en Teoloxía nos seminarios de Pamplona e Cidade Real. Na capital navarra foi ordenado sacerdote no ano 1886 e alí serviu ata 1891. Entre 1901 e 1904 foi reitor do Seminario de Segovia.
Durante o seu período na diocese de Ourense prestou especial atención á formación dos seminaristas e promoveu os seus coñecementos científicos. Realizou importantes investimentos para subministrar aparellos ao gabinete de Física e Historia natural que el mesmo fundou.
En 1914 suspendeu a divinis ao crego e líder agrarista Basilio Álvarez pola campaña xornalística e política que este emprendera en defensa do campesiñado e contra os poderes conservadores. Eustaquio Ilundáin viviu tamén mentres foi bispo de Ourense a aceptación por parte da poboación de novas formas de ocio, entre elas o cinematógrafo, que foi visto como unha ameaza á doutrina da Igrexa e aos seus valores morais[Cómpre referencia], visión esta que retratou Carlos Casares na novela Ilustrísima.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Pascual Carrascosa |
Bispo de Ourense 1904 - 1920 |
Sucesor: Florencio Cerviño González |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Luis Aguirre Prado (1964). SIE, ed. La Iglesia y la Guerra Española (en castelán). p. 54.
- ↑ José Sánchez Herrero (2003). La Semana Santa de Sevilla. Sílex Ediciones. p. 262. ISBN 9788477371205.