Saltar ao contido

Pedro de Quevedo y Quintano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro de Quevedo y Quintano

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1736 Editar o valor en Wikidata
Villanueva del Fresno, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de marzo de 1818 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacatedral de Ourense Editar o valor en Wikidata
Cardeal
8 de marzo de 1816 –
Bispo de Ourense
15 de abril de 1776 –
← Alonso Francos Arango (en) TraducirDámaso Iglesias Lago →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1776–), sacerdote católico (1760–), político Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónFelipe Beltrán Serrano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 33094 BNE: XX1519809 BUSC: quevedo-y-quintano-pedro-de-bispo-de-ourense-1736-1818 Arquivo Histórico de Deputados: 92680

Pedro Benito Antonio Quevedo e Quintano, nado en Villanueva del Fresno, Badaxoz, o 12 de xaneiro de 1736 e finado en Ourense o 28 de marzo de 1818, foi un eclesiástico e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De familia fidalga, un dos seus bisavós foi o militar galego Pedro Mariño de Camba Sotomayor y Ulloa. Cursou os seus primeiros estudos cos xesuítas de Badaxoz. Licenciouse en Teoloxía no Seminario Diocesano de Ávila e doutorouse na Universidade de Salamanca (1766).[1]

Nomeado bispo en 1776, foi fundador do Seminario de Ourense en 1803, e un dos cinco elixidos para participar no Consello de Rexencia que fixo as funcións da Xunta Suprema Central durante a Guerra da Independencia. Foi nomeado Inquisidor xeneral ata a disolución do Santo Oficio polas Cortes de Cádiz, onde se mostrou reticente a recoñecer que a soberanía nacional recaese nas propias Cortes, negándose a xurar a Constitución de 1812 polo que foi desterrado.[2] En 1816 o Papa Pío VII nomeouno cardeal.

O seu sepulcro na Catedral de Ourense foi realizado polo escultor Antoni Solà.

  1. "Ficha do cardeal en Fiu.edu". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2018. Consultado o 10 de marzo de 2019. 
  2. "Quevedo, el obispo que llegó en mula". Faro de Vigo (en castelán). 9/10/2012. ISSN 1131-8163. Consultado o 10/3/2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Alfonso Francisco Arango
 
Bispo de Ourense
 
1776 - 1818
Sucesor:
Dámaso Egidio Iglesias Lago