Juliano Roberto Antonello
Juca | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Juliano Roberto Antonello | ||
Nacemento | 19 de novembro de 1979 (43 anos) | ||
Lugar de nacemento | Passo Fundo | ||
Altura | 1,79 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Dubai | ||
Número | 14 | ||
Carreira xuvenil | |||
1998–2000 | Internacional | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2000–2001 | Internacional | 23 | (3) |
2002–2003 | Criciúma | 12 | (0) |
2003 | Marília | 20 | (5) |
2004 | Fluminense | 26 | (0) |
2005 | Botafogo | 29 | (4) |
2006 | Guarani | 1 | (0) |
2006–2007 | Botafogo | 13 | (2) |
2007–2009 | Partizan | 43 | (7) |
2009–2011 | Deportivo da Coruña | 24 | (3) |
2011–2012 | Ceará | 25 | (2) |
2012–2013 | Dubai | 15 | (1) |
2014- | Novo Hamburgo | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 28 de abril de 2013. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Juliano Roberto Antonello, máis coñecido como Juca, nado en Passo Fundo o 19 de novembro de 1979, é un futbolista brasileiro. Xoga de mediocentro defensivo e o seu equipo actual é o Dubai CSC. Na súa estadía de dous anos no FK Partizan foi alcumado coma O bombardeiro brasileiro do Partizán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Juca comezou a súa carreira no Internacional de Porto Alegre en 1999, xogando como mediapunta. Sobrino do famoso exjugador e adestrador Paulo César Carpegiani, non tardou en destacar pola precisión e potencia dos seus lanzamentos de falta. Pronto atrasaría a súa posición, pasando a xogar como mediocampista defensivo.
Tras defender as cores do Criciúma e do Marília, en 2004 Juca fichou polo Fluminense, e ao ano seguinte polo Botafogo, club ao que volvería en 2006 tras un breve paso polo Guaraní, e no que se alzaría en 2007 coa Copa de Río.
En 2007 é transferido ao Partizán de Belgrado, onde incrementou o seu palmarés con senllos dobretes, vencendo a Superliga e a Copa nas dúas tempadas nas que militou no equipo balcánico. Nelas confirmou a potencia do seu disparo, anotando 10 goles e gañándose o alcume de "o bombardeiro brasileiro".
En maio de 2009 asinou por dúas tempadas polo Deportivo da Coruña, coa misión de cubrir a baixa do canadense Julián de Guzmán. Debutou na primeira división española de fútbol o 29 de agosto dese mesmo ano no estadio Santiago Bernabéu, fronte ao Real Madrid.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1979
- Nados no estado de Río Grande do Sur
- Futbolistas do Brasil
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Botafogo
- Xogadores do Ceará SC
- Xogadores do Criciúma Esporte Clube
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Dubai CSC
- Xogadores do Esporte Clube Novo Hamburgo
- Xogadores do FK Partizan
- Xogadores do Fluminense FC
- Xogadores do Guarani FC
- Xogadores do Marília Atlético Clube
- Xogadores do Sport Club Internacional