Cruzul - Agüeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°48′18″N 7°07′38″O / 42.8051, -7.1272

Cruzul - Agüeira
Agüeira
Marco Legal
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 652 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Provincia de Lugo
Concellos: Becerreá e As Nogais
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Cruzul - Agüeira é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que se atopa nos concellos de Becerreá e das Nogais, e que é parte da reserva da biosfera dos Ancares.[1][2][3][4][5]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Esta área atópase nas estribas da cordilleira Cantábrica, no suroeste de Lugo, onde as montañas xa son menos acentuadas.[4] En Cruzul atópanse bosques de rebolas sobre dos montes formados durante un peri-glaciarismo.[Cómpre referencia] En Agüeira o substrato xeolóxico é de tipo kárstico. Aí atópanse formacións rochosas, chamadas grobos, que xorden de caídas dos teitos de covas de calcaria.[Cómpre referencia]

Flora e Fauna[editar | editar a fonte]

Este espazo ten montes de castiñeiros, Castanea sativa, rodeados de especies autóctonas: Quercus robur, Betula celtiberica e Acer pseudoplatanus. Tamén conta con aciñeiras. As aciñeiras atópanse máis en Cruzul e os soutos en Agüeira.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]