Bohemian Rhapsody

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

"Bohemian Rhapsody" é unha canción composta en 1975 por Freddie Mercury, integrante da banda británica Queen, e incluída no seu álbum A Night at the Opera.[1] Esta canción non posúe refrán,[2] e consta de tres partes principais: un segmento de balada que acaba cun solo de guitarra, unha pasaxe operística e unha sección de hard rock. Nela, Freddie Mercury, Roger Taylor e Brian May cantan respectivamente nas tesituras media, aguda e grave. May toca a guitarra, Taylor toca a batería, o tímpano e o gong, e John Deacon toca o baixo eléctrico.[3]

Cando se lanzou como single, "Bohemian Rhapsody" converteuse nun éxito comercial: mantívose no cumio da UK Singles Chart durante nove semanas e vendeu máis dun millón de copias ata a fin de xaneiro de 1976.[4] Tamén chegou ao número un das listas en diversos mercados, como Canadá, Australia, Nova Zelandia, Irlanda e os Países Baixos.[5][6][7]

O sinxelo foi complementado cun vídeo promocional, innovador para a época, e popularizou o uso de videoclips para o lanzamento de sinxelos.[8] Ademais, foi considerado o marco inicial da “era da MTV”.[9] Malia a inicial división da crítica, especialmente nos Estados Unidos,[10] "Bohemian Rhapsody" continúa a ser unha das composicións máis populares de Queen.[11] A revista Rolling Stone colocouna no posto 163 da súa lista The 500 Greatest Songs of All Time e considerou o seu solo de guitarra como o vixésimo mellor solo de todos os tempos.[12]

Historia e gravación[editar | editar a fonte]

Freddie Mercury nun concerto en 1979.

Freddie Mercury escribiu a maior parte de "Bohemian Rhapsody" na súa casa, en Holland Road, Kensington, no oeste de Londres. O produtor da música, Roy Thomas Baker, relatou como Mercury tocou para el o inicio da sección de balada: "El tocou o inicio no piano e daquela parou e dixo: aquí comeza a parte da ópera! E entón fomos cear".[13][14] O guitarrista Brian May dixo que a banda considerou o proxecto de Mercury para a música "intrigante e orixinal, e que merecía ser traballado". Unha gran parte do material de Queen, segundo May, escribíase no estudio, pero esa música xa "estaba na mente de Freddie" antes de comezar. A musicóloga Sheila Whiteley suxeriu que "o título se basea fortemente na ideoloxía do rock contemporáneo, no individualismo do mundo bohemio do artista, coa rapsodia, afirmando os ideais románticos do art rock". Comentando sobre o seu bohemismo, Judith Peraino di que "Mercury quería... [que esa música] fose unha mofa, algo fóra do normal na música de rock, e realmente segue unha correcta lóxica operística: coros de moitas voces alternam en solos melódicos; as emocións son excesivas e o enredo é confuso".

Segundo Chris Smith (un pianista amigo de Mercury), Mercury comezou a desenvolver "Bohemian Rhapsody" ao fin da década de 1960.[15] Mercury adoitaba tocar co piano partes das composicións que estaba a escribir, e unha das súas pezas, coñecida como "The Cowboy Song", contiña letras que acabaron na versión completa que foi producida anos despois, en 1975, especificamente "Mama... just killed a man."[15]

As gravacións comezaron en Rockfield Studios, preto de Monmouth, o 24 de agosto de 1975, logo de tres semanas de ensaio en Herefordshire.[14] Durante a produción da música usáronse outros catro estudios (Roundhouse, SARM, Scorpion e Wessex). Segundo algúns membros da banda, Mercury preparou a música mentalmente e dirixiu a banda durante a produción. Mercury usou un piano Bechstein, que tocou no vídeo promocional e na xira polo Reino Unido.[16] Debido á súa natureza moi complexa, a música foi gravada en varias seccións, e a súa conxunción realizouse sobre a base da percusión da batería, para manter todas as pistas sincronizadas.[17]

May, Mercury e Taylor cantaron as súas partes vocais continuamente de 10 a 12 horas por día.[10] Levou tres semanas gravar toda a peza. Como os estudios da época ofrecían cintas analóxicas con só 24 canles, foi necesario que os tres se gravasen a si mesmos moitas veces e logo o xuntasen todo en sucesivas mesturas. Foi o sinxeñlo máis caro de producir e unha das gravacións máis elaboradas na historia da música popular.

Composición e análise[editar | editar a fonte]

A música consiste de seis seccións: introdución, balada, solo de guitarra, ópera, hard rock e conclusión. Este formato, con cambios abruptos de estilo, ton e movemento, era excepcional en músicas de rock. A banda xa utilizara unha versión embriónica dese estilo en "My Fairy King" e "The March of the Black Queen".[18]

Introdución (0:00 - 0:49)[editar | editar a fonte]

A música comeza cun coral a cappella en catro partes en si bemol maior,[19] unha gravación en multicanles enteiramente de Mercury, a pesar de que o vídeo amosa os catro membros cantando esta sección. A letra cuestiona se a vida é "real" ou "só fantasia" antes de concluír que "non pode haber escapatoria da realidade".[20]

Tras 14 segundos, o piano entra e a voz de Mercury se alterna con outras partes vocais. O narrador preséntase como "só un pobre neno", aínda que declara que "non lle cómpre simpatía" porque el "vén doadamente e doadamente vai",[20] un efecto que provoca a atmosfera onírica. A fin desta sección é marcada pola entrada do baixo e a familiar parte do piano en si bemol maior.[19]

Balada (0:49 - 2:36)[editar | editar a fonte]

O piano comeza a parte en si bemol maior[19] xunto coa entrada do baixo de Deacon, marcando o inicio desa sección. Despois de ser tocada dúas veces, entra a voz de Mercury. Durante o curso da sección, os vocais evolucionan dunha harmonía suavemente cantada cara a unha apaixonada interpretación só de Mercury.[19] O narrador explícalle á súa nai que el acabara de matar un home "cunha arma contra a súa cabeza".[20] Esa sección "confesional", comentou Whiteley, é unha "afirmativa da cariñosa e vivificante forza do feminino e da necesidade de absolución". A liña cromática do baixo fai unha modulación para mi bemol maior,[19] o que sustenta o clima de desesperación. É nesa altura (1:19) cando a batería de Taylor entra (presentando o ritmo 1-1-2 de "We Will Rock You" en formato de balada)[19] e o narrador fai a segunda de diversas invocacións á súa nai no novo ton, reutilizando o tema orixinal.[20] O narrador explica o seu arrepentimento por "facela chorar" e pídelle que "continúe como se nada importase" para el.[20] Unha breve variación descendente do piano conecta con dúas repeticións da parte en si bemol maior,[19] introducindo o segundo verso.

Entanto que balada prosegue no seu segundo verso, o narrador amosa o canso e abatido que está polas súas accións[20] (mentres May entra coa guitarra e imita a tesitura superior do piano no minuto 1:50).[19] May imita outro obxecto de percusión (unha bell tree) durante a frase "sends shivers down my spine".[19] O narrador dille adeus ao mundo, anunciando que el ten que partir e se prepara para "encarar a verdade", admitindo: "Non quero morrer. Ás veces gustaríame non ter nacido".[20] Nese momento comeza o solo de guitarra, que pasa por unha modulación cunha rápida serie de notas descendentes, que levan a tonalidade cara a la maior,[19] marcando o inicio da sección "ópera".

Solo de guitarra (2:36 - 3:03)[editar | editar a fonte]

O guitarrista Brian May tocando a Red Special, guitarra coa que interpreta o solo de "Bohemian Rhapsody".

Entanto que Mercury canta a frase ascendente "Ás veces gustaríame non ter nacido", o volume do son aumenta, chegando ao solo de guitarra tocado e composto por May, que serve como unha ponte entre a balada e a ópera.[19] A intensidade continúa a crecer, mais así que a nova tonalidade é estabelecida a banda emudece abruptamente no minuto 3:03, agás o piano.[19]

O produtor Baker lembrou que o solo de May foi feito en só unha pista. May afirmou que quería compor "unha pequena melodía que sería unha contrapartida da melodía principal; eu non quería só tocar a melodía". O guitarrista dixo que o seu mellor material proviña dese xeito de traballo polo que el pensa na melodía antes de tocala: "os dedos tenden a ser previsibles, a non ser que estean sendo controlados polo cerebro".

Ópera (3:03 - 4:07)[editar | editar a fonte]

Unha rápida serie de variacións rítmicas e harmónicas introducen unha sección intermedia pseudooperística, que contén a maior parte dos elaborados vocais,[19] representando a baixada do narrador ao inferno. Malia manterse o pulso básico da música, a dinámica varía moito de compás a compás, desde só a voz de Mercury acompañada polo piano ata un coro de varias voces apoiado pola batería, o baixo, o piano e o timbal.[19] De acordo con Roger Taylor, a súa voz combinada coas de May e Mercury creou un amplo alcance vocal: "Brian podía alcanzar notas moi baixas, Freddie tiña unha voz poderosa nas notas medias, e eu era bo coas notas altas". A banda quixo crear "unha parede de son, que comeza baixa e vai ata o alto". A banda usou o efecto de campás para as expresións "Magnifico" e "Let me go".[19] Á parte diso, en "Let me go", Taylor, cantando a parte máis alta,[19] continúa por un tempo despois de que o "coro" pare de cantar.

Referencias líricas nesta pasaxe inclúen Scaramouche, o fandango, Galileo Galilei, o Figaro, e Bismillah, mentres faccións rivais loitan pola alma do narrador.[20] Un coro acusa, outro defende, mentres o heroe se presenta a si mesmo como pacífico e astuto. A introdución da música é lembrada en "I'm just a poor boy, nobody loves me".[20] A sección conclúe cun tratamento completo de coral na frase "Beelzebub has a devil put aside for me!", nun bloque en si bemol maior.[19]

Hard rock / heavy metal (4:07 - 4:56)[editar | editar a fonte]

A sección operística leva a un agresivo interludio musical hard rock / heavy metal, cun riff de guitarra escrito por Mercury.[19] No minuto 4:15, Mercury canta palabras cheas de rabia dirixidas a un "ti" non especificado, acusándoo de traizón e abuso e insistindo que el "non pode facer iso comigo", o que podería ser interpretado como un flashback para certos eventos que levaron á sección de balada ("acabo de matar un home"). A guitarra toca tres pasaxes ascendentes, e Mercury novamente executa unha parte en si bemol maior, mentres a música se aproxima ao final cun ritardando.[19]

Conclusión (4:56 - 5:55)[editar | editar a fonte]

Despois de que May toque algunhas notas, a música retorna ao tempo e á forma da introdución, inicialmente en mi bemol maior,[19] antes de cambiar rapidamente a dó menor,[19] e axiña entra nunha serie de modulacións curtas, e volve ao dó menor[19] en tempo para a sección "nothing really matters" final. Unha guitarra acompaña o coro "ooh, ooh yeah, ooh yeah". Un amplificador toca unha melodía; o amplificador foi creado por John Deacon e alcúmano cariñosamente "Deacy Amp".[21] A frase de Mercury "Nothing really matters..." aparece novamente,[20] con leves arpexos de piano, suxerindo tanto a resignación (tonalidades menores) canto un novo sentido de liberdade no amplo abano vocal. Despois de repetirse varias veces a liña "nothing really matters", a música finalmente acaba en mi bemol maior.[19] A derradeira parte da letra, cantada calmamente, "Anyway the wind blows" é seguida pola batida dun gong, que marca o fin da música.[19]

Contexto[editar | editar a fonte]

O The New York Times comentou que "a característica máis distintiva da música é a letra fatalista". Mercury rexeitou explicar súa composición e a banda aínda segue a protexer o segredo da música. Brian May suxire que a música posúe referencias veladas a traumas persoais de Mercury, lembrando que "Freddie era unha persoa moi complexa: irreverente e simpática no exterior, mais escondía inseguridades e problemas coa súa vida e súa infancia. El nunca explicou a letra, mais eu penso que colocou moito de si mesmo naquela música". May, mentres, di que a banda concordou en que o punto central da letra era un problema íntimo do compositor.

En calquera caso, as críticas tanto xornalísticas canto académicas especularon sobre o significado que se agocha detrás da letra. Algúns cren que describe un asasino suicida atormentado por demos ou retrata eventos que preceden a unha execución. Esa última explicación apunta, como unha probable inspiración, cara á novela de Albert Camus, O Estranxeiro, na que un rapaz confesa un asasinato por impulso e ten unha epifanía antes de ser executado. Outros cren que a letra foi escrita só para se encaixar na música, e que non posúe significado, e outros interpretaron a letra como un xeito mediante o que Mercury afronta os seus problemas persoais.

Lanzamento[editar | editar a fonte]

Cando a banda quixo lanzar o single en 1975, varios executivos suxeriron que, con 5 minutos e 55 segundos, a música era longa demais e nunca chegaría a ser un númeo 1.[22] Pero o público avalou o exíto e moitos dos seus fans intentaban xa comprar o single en canto se deu a coñecer, mesmo días antes de saír ao mercado.

A peza chegou ao número un do Nadal de 1975 no Reino Unido e mantivo a posición durante nove semanas. "Bohemian Rhapsody" foi a primeira composición en alcanzar a primeira posición dúas veces coa mesma versión, e tamén foi o único single en ser número un en Nadal no Reino Unido dúas veces coa mesma versión.[23] A segunda vez foi no seu relanzamento (xunto con "These are the days of our lives") en 1991, logo da morte de Mercury, e mantivo o primeiro lugar durante cinco semanas.[24]

Nos Estados Unidos, o single tamén foi un éxito, aínda que unha escala menor que no Reino Unido. O single orixinal, lanzado alí ao inicio de 1976, alcanzou a novena posición na Billboard Hot 100, entanto que no relanzamento en 1992 (programado para saír xunto co filme no que aparecía, Wayne's World) alcanzou a segunda posición.[25] Debido á súa longa permanencia nas listas, durante 24 semanas, chegou a ocupar o posto 18 entre os maiores éxitos de 1976, máis alto que algunhas cancións que alcanzaron número 1 o mesmo ano. O single tamén recibiu o galardón de disco de ouro por vender máis dun millón de copias nos Estados Unidos.[26] E no Canadá o éxito aínda foi maior, ao alcanzar a primeira posición nas listas do país o 1 de maio de 1976.[5]

Vídeo promocional[editar | editar a fonte]

Aínda que algúns artistas xa tiñan feito videoclips para acompañar as súas cancións (incluíndo o propio Queen con, por exemplo, "Keep Yourself Alive", "Seven Seas of Rhye", "Killer Queen" e "Liar"), só é despois do éxito de "Bohemian Rhapsody" cando a produción de vídeos promocionais para singlesse volveu unha práctica regular da industria da música. De feito, considérase que este vídeo é o detonante da era da canle MTV.

O vídeo foi dirixido por Bruce Gowers, que tamén dirixira un vídeo da presentación da banda en 1974 no Rainbow Theatre, de Londres. O cámara foi Barry Dodd e o asistente Jim McCutcheon.[27] A súa gravación, o 10 de novembro de 1975, durou soamente catro horas e custou 4.500 libras esterlinas.{Sfn|Hodkinson|2004|p=192}

O vídeo inicia cunha imaxe dos catro membros da banda na penumbra, mentres cantan a parte a cappella. As luces apáganse e aparece Freddie en primeiro plano. A composición da imaxe é a mesma da portada do seu segundo álbum, "Queen II". A continuación amósase a banda tocando os seus instrumentos. Na sección operística, o escenario volve ás posicións do "Queen II", logo de volveren ao escenario durante a parte de rock.

Todos os efectos especiais foron realizados durante a gravación, e non mediante posprodución.[27] O efecto visual do rostro de Mercury aparecendo en fervenza (durante a palabra en eco "go") realizouse apuntando a cámara a un monitor, o que provoca a retroalimentación visual. O efecto de colmea creouse usando unha lente modificada.[28] A súa edición durou só cinco horas, xa que debería ser emitido nesa mesma semana en que se gravou. Ao que se rematou, enviouse á BBC  e transmitiuse por primeira vez en Top of the Pops, en novembro de 1975.[10] Unhas semanas despois, creouse unha versión reeditada. As diferenzas máis obvias son as chamas superpostas e diversos ángulos de cámara alterados.[28]

A crítica[editar | editar a fonte]

A banda nun concerto na cidade alemá de Hannover, en 1979.

"Bohemian Rapsody" recibiu numerosos premios e foi adaptada e interpretada por moitos artistas. En 1977, só dous anos despois de seu lanzamento, a British Phonographic Industry nomeouna como o mellor single británico no período de 1952-1977.[29] Aparece constantemente nas enquisas das mellores cancións e foi nomeada polo Libro Guinness dos Récords como o mellor sinxelo británico de todos os tempos. En 2004, a revista Rolling Stone colocouna no lugar 163 da súa lista "The 500 Greatest Songs of All Time". Tamén ten un lugar no "Rock and Roll Hall of Fame's 500 Songs that Shaped Rock and Roll".[30]

Nunha enquisa da BBC World Service para atopar a canción favorita en todo o mundo quedou no décimo posto e, en 2000, quedou en segundo lugar,[31] atrás de "Imagine" de John Lennon, na realizada por Channel 4 sobre "Os mellores números 1".[32] Ademais, estivo nas cinco primeiras posicións dos dez mellores singles nos Países Baixos desde 1977, e alcanzou a primeira posición en oito ocasións. A partir de 1999, a enquisa anual "Top 2000" comezou a procurar as mellores cancións compostas e "Bohemian Rhapsody" foi a número un en todas as edicións, agás en 2005 e en 2010.[33]

En 2004, esta canción foi incluída no Grammy Hall of Fame.[34] Ata 2004, "Bohemian Rhapsody" foi a segunda canción máis tocada na radio británica. A BBC Radio 2 anunciou a peza foi a máis tocada desde o lanzamento da emisora, seguida de "Imagine", de John Lennon, e de "Hey Jude", dos Beatles.[35]

Outras versións[editar | editar a fonte]

En 1992, a canción foi interpretada polo cantante británico Elton John e por Axl Rose no concerto de tributo a Freddie Mercury: "The Freddie Mercury Tribute Concert".[36] En 1997, foi gravada por Montserrat Caballe e por Bruce Dickinson para o álbum Friends For Life.[37] En 2009, os Muppets gravaron e lanzaron dixitalmente como single unha versión da música cun toque infantil.[38] Tamén se fixo un vídeo musical, dirixido por Kirk Thatcher.[39] O mesmo ano, a cantante Pink cantou a canción no Funhouse Tour, en Australia.[40] O ano seguinte, o elenco da serie de televisión americana Glee fixo unha versión no episodio "Journey".[41] En 2011, Christina Aguilera, Cee O Green, Adam Levine e Blake Shelton fixeron unha versión no reality show The Voice. Máis tarde, a versión foi utilizada no anuncio do lanzamento do coche Volkswagen Fox Rock in Rio.[42]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Night at the Opera". Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 
  2. "Bohemian Rhapsody em 3º dentre as 25 musicas que mudaram o mundo". Consultado o 24 de xaneiro de 2012. escrita por Freddie Mercury e não tem refrão 
  3. Cunningham 1995.
  4. Hodkinson 2004, p. 194.
  5. 5,0 5,1 "Shmoop: Bohemian Rhapsody". Consultado o 3 de febreiro de 2012. 
  6. "Top Singles". Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 
  7. "Top Singles - Holanda". Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 
  8. Sobre o papel e tarefas de um produtor. J Muikku – Popular Music and Society, 1990
  9. Heatley 2008, p. 109.
  10. 10,0 10,1 10,2 BBC 2004b.
  11. "Greatest Hits". Consultado o 23 de xaneiro de 2012. ...two of Queen's most famous songs, "Bohemian Rhapsody" and "Under Pressure" 
  12. "Os 100 melhores solos de guitarra". Rolling Stone. Consultado o 11 de xaneiro de 2011. 
  13. "Unconventional Queen Hit Still Rocks After 30 Years". 
  14. 14,0 14,1 "An Invitation to the Opera". Consultado o 2 de febreiro de 2012. 
  15. 15,0 15,1 De acordo com uma entrevista com Chris Smith para o documentário Queen: Days of our Lives (BBC, 2011)
  16. "C. Bechstein Pianos". Mercury of the band Queen also used a Bechstein piano in one of his performances a well as in the recording of the best-selling album A Night at The Opera. 
  17. Hodkinson 2004, p. 192.
  18. "Bohemian Rhapsody". Consultado o 19 de xaneiro de 2012. 
  19. 19,00 19,01 19,02 19,03 19,04 19,05 19,06 19,07 19,08 19,09 19,10 19,11 19,12 19,13 19,14 19,15 19,16 19,17 19,18 19,19 19,20 19,21 19,22 19,23 "Bohemian Rhapsody - an Analysis" (PDF). Consultado o 28 de xaneiro de 2012. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 20,5 20,6 20,7 20,8 20,9 "Letra de Bohemian Rhapsody". Consultado o 29 de xaneiro de 2012. 
  21. "History and background of the Legendary Deacy Amp". Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 
  22. "This Day in Music, November 23: Bohemian Rhapsody". Consultado o 23 de xaneiro de 2012. ...various record executives suggested to them that, at five minutes and 55 seconds, it was too long and would never be a hit. 
  23. "The Blue Bohemian Rhapsody". Consultado o 19 de xaneiro de 2012. 
  24. Corn 2005, p. 24.
  25. "Billboard Chart". Consultado o 24 de xaneiro de 2012. 
  26. [www.queenonline.com/en/the-band/discography/night-opera/ "Album Details: A NIGHT AT THE OPERA"] |url= incorrecto (Axuda). Consultado o 3 de febreiro de 2012. 
  27. 27,0 27,1 ""The Story of Bohemian Rhapsody"". BBC. Consultado o 17 de xaneiro de 2012. 
  28. 28,0 28,1 "Bohemian Rhapsody - Promotional Video - Queenpedia". Consultado o 17 de xaneiro de 2012. 
  29. Gracyk 2007, p. 63.
  30. "The Songs That Shaped Rock and Roll". Rock & Roll Hall of Fame. Consultado o 13 de xullo de 2011. 
  31. BBC 2002.
  32. "Imagine top song ever". Consultado o 23 de xaneiro de 2012. 
  33. "Top 2000 radio2.nl.". Consultado o 3 de febreiro de 2012. 
  34. The Recording Academy 2004.
  35. "Bohemian Rhapsody é a maior número 1". Consultado o 17 de xaneiro de 2012. 
  36. "Tribute to Mercury". Consultado o 22 de xaneiro de 2012. 
  37. "Biografia de Bruce Dickinson". Consultado o 21 de xaneiro de 2012. 
  38. "The Muppets hope for festive No 1 with Queen classic". Consultado o 11 de xaneiro de 2011. 
  39. Cavna, Michael (10 de febreiro de 2010). "Meta-Post: The Muppets near another million-view viral success". The Washington Post. Consultado o 13 de xullo de 2010. 
  40. "Behind Pinks Funhouse Tour". Consultado o 21 de xaneiro de 2012. ...perhaps even more dangerously, covering Bohemian Rhapsody. 
  41. "Glee 'Journey' episode cast singing 'Bohemian Rhapsody feat. Jonathan Groff'". Consultado o 11 de xaneiro de 2011. 
  42. "Propaganda da Volkswagen". Consultado o 29 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hodkinson, Mark (2004). Queen: the early years. Music Sales Ltd. ISBN 1844490122. 
  • Pope, Rob (2002). The English studies book: an introduction to language, literature and culture. Routledge. ISBN 0-415-25709-3. 
  • "What is a Bohemian Rhapsody?". BBC News. 15 de Junho de 2011. Consultado o 1 de xuño de 2011. 
  • Corn, John (2005). Britain Since 1948. Folens Publishers. ISBN 1-843-03985-0. 
  • Heatley, Michael (2008). Massive Music Moments. Collins and Brown. ISBN 1-843-40493-1. 
  • The Story of Bohemian Rhapsody (Television production). BBC. 4 de decembro de 2004.  Parámetro descoñecido |pessoas= ignorado (Axuda); Carácter ref stripmarker en |ref= na posición 1 (Axuda)
  1. BBC 2004b.