Manuel Castro Gil
Manuel Castro Gil | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de xaneiro de 1891 e 1891 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Falecemento | 3 de abril de 1963 e 1963 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pintor e gravador |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Castro Gil, nado en Lugo o 20 de xaneiro de 1891 e finado en Madrid o 3 de abril de 1963,[1] foi un gravador e pintor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do arquiveiro do concello de Lugo e de Gertrudis Gil, primo carnal do filántropo Álvaro Gil Varela. Iniciou os estudos de debuxo como alumno de Manuel Fole. En 1907 trasladouse a Madrid para estudar na Escola de Belas Artes de San Fernando, grazas a unha bolsa lle concedeu a Deputación de Lugo. Na Escola de San Fernando foi discípulo de Ferrant, Vera, Muñoz Degrain e Moreno Carbonero. Recibiu leccións de gravado de Carlos Verger e Esteve Botey. Colaborou en publicacións periódicas da época como Blanco y Negro e La Esfera. Asistiu aos parladoiros literarios de Ramón María del Valle Inclán e Ramón Gómez de la Serna. Participou na Exposición Rexional de Galicia de 1917 con varias paisaxes ao óleo. Ingresou no cadro de persoal da Fabrica de Moeda. A Junta para Ampliación de Estudios concedeulle unha bolsa para viaxar a París, onde realizou unha exposición. Obtivo a medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1930. Expuxo en Nova York, México, A Habana, Buenos Aires. Foi director artístico da revista Galicia en Madrid. En 1934 foi nomeado profesor da Escola Nacional de Artes Gráficas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 4-4-1963, p. 1.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- López Gil, Elena (1989). Manuel Castro Gil grabador. Deputación de Lugo. ISBN 84-86824-63-X.
- Pablos, Francisco (1981). Pintores gallegos del novecientos (en castelán). Fundación Barrié. pp. 186–193. ISBN 84-85858-06-9.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Manuel Castro Gil" Arquivado 15 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. artemuseo.org (en castelán).